Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo libre, salario e traballo

martes, 13 de noviembre de 2007
Quéixanse os empleadores do pouco interese que os futuros traballadores poñen nos cometidos a desempeñar, e que nas entrevistas de traballo case ninguén pregunta cal é a tarefa, senón que o traballador interésase en primeiro lugar pola xornada de traballo, días libres e salario a percibir. A prestación laboral queda en último lugar.

Parece como se houbese pasado o tempo en que había urxencia verdadeira en traballar, pois deste traballo dependía a supervivencia da unidade familiar, sendo agora os futuros traballadores na súa maioría os rapaces e as rapazas que –aínda na casa paterna- buscan independizarse coa consecución de medios propios de subsistencia.

Unha enquisa recentemente publicada fala de que son as mulleres as que máis valoran o tempo libre e os homes os soldos importantes, e todos eles valoran os horarios, o ambiente laboral ou a importancia da empresa, tendo preferencia con moito calquera posto de traballo que dependa dunha administración pública.

Esta certa despreocupación polo mundo laboral, a falta de urxencia en ter un traballo por encima de calquera outra consideración, a valoración do tempo libre, e mesmo a aceptación da inestabilidade laboral como unha situación normal hai que vela como un xeito de progreso, de mellora, de avance nun mundo de traballo cada vez máis dinámico e no que cada vez son máis os factores que interveñen.

E falta por incluir o sector emerxente dos autónomos, que crean as súas propias empresas e as súas condicións de traballo.

Vivimos tempos dinámicos, e o mundo do traballo está evolucionando –revolucionando- dun xeito incrible, e seguirá. Non é máis ca o signo dos tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES