Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parlamentarios de altura

viernes, 02 de noviembre de 2007
Temos un Parlamento os galegos no que todos estamos representados, dunha ou doutra cor, e os que alí realizan o seu traballo e función lexislativa e de control fan o que todos nós subscribimos cos nosos votos.

Os parlamentos sempre foron lugares onde facerse escoitar, onde cando alguén fala moita xente se sente representada, onde cando un parlamentario se pronuncia sobre un tema está por riba do ben e do mal, do partidismo ou do localismo, fala no nome do país.

Ai, aqueles parlamentarios de antano, que na súa expresión florecían as palabras máis fermosas, arrebataban co seu verbo, acendían os ánimos dos presentes e de todos os que sabían do seu falar.

O parlamentarismo de hoxe está moito máis constreñido, encaixado, os tempos controlados, limitadas as participacións ós voceiros.

No Parlamento compareceron estes días diversas persoas relacionadas co tema do monte Gaiás e as edificacións da futura cidade da Cultura.

Proba da altura das intervencións só un exemplo, do que nin sequera hai que mencionar ós oradores. Un deles pregunta se o outro sabe quen é Pío Cabanillas, que presuntamente estaría detrás dalgunha empresa adxudicataria.

A resposta do interpelado foi: “Pío, Pío, del Caserío me fío”. ¿Pódese dicir algo máis “ocorrente”?. A oratoria parlamentaria está de rebaixas. Neste caso, de liquidación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES