Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un outono 'do trinque'

martes, 18 de septiembre de 2018
Chega o outono e as entidades chairegás NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares lareira de soños retoman a actividade con forza. Ao II Recital de Poesía en Feminino de San Sadurniño e á I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA desta fin de semana programan unha ristra de novidades baixo o nome xenérico de DO TRINQUE (HASHTAG #DoTrinque) baixo o que se programarán presentacións de novidades literarias, artísticas, musicais, encontros con autores e creadores, etc...
Un outono 'do trinque'
Do Trinque inaugura con unha proposta de luxo o vindeiro día 5 de Outubro ás nove da noite nun fermoso lugar, a Casa Habaneira de Guitiriz con un dos grupos musicais galegos de maior prestixio: XARDÍN DESORDENADO.

O grupo liderado por Santiago Ferragud é coñecido por musicar a numerosos poetas galegos, recentemente a María Victoria Moreno, da cal está a desenvolver a xira 'A Victoria da Luz', Carlos Casares, ou os chairegos Darío Xohán Cabana, Manuel María ou o noso Xosé María Díaz Castro do que é moi coñecida a súa versión do poema AI CAPITÁN.
Un outono 'do trinque'
Xardín Desordenado, que se estrea con este concerto na Terra Chá, cobra así unha débeda artística que a comarca chairega ten con este fabuloso grupo que aínda non tiña actuado na zona a pesares de ter homenaxeado aos nosos poetas por todo o país.

O trío de Santiago Ferragud, Marlene Rodrígues e Isaac Garabatos presentarán o seu traballo 'Victoria da Luz' Pero farán tamén un repaso aos seus nove anos musicando aos nosos grandes da poesía nun concerto coa entrada de balde que non se pode perder.

Esta actividade, traerá a diferentes lugares da Terra Chá novidades "do trinque" e que comenza con un evento especial cheo de música e poesía.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES