Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persuasión e influencia

jueves, 13 de septiembre de 2018
Swartz, Turner e Tuden foron tres antropólogos que sinalaron as diferentes fórmulas para acceder ao poder en diferentes sociedades de todo o mundo, máis aló do tipo concreto de réxime ou da lexitimidade do mesmo. Nesta “taxonomía”, que forma parte da súa introducción ao volume conxunto Political Anthropology, os tres autores inciden en que hai diferenzas notables entre conceptos como 'forza' e 'coerción', 'apoio' e 'lexitimidade' ou 'autoridade' e 'poder'. Sen entrar agora no interesantísimo debate sobre a prevalencia destes items no noso ámbito máis cercano, si que analizaremos outros dous conceptos pares que operan entre os nosos “entes políticos”: 'persuasión' e 'influencia'.

A persuasión enténdese como a arte de facerlle pensar aos demáis “que eles realmente non queren o que orixinalmente pensaron que querían”. Isto pode aplicarse mediante indución, mediante ameazas ou a través da 'activación de compromisos' (“Vostedes apoiaron un proxecto de oito anos; entón, na metade do ciclo deberían apoiarnos de novo”). Se este proceso de persuasión se fai “prometendo” ou “entregando” algo a cambio, entón xa estariamos falando de influencia.

Agora pensemos por un momento nas nosas institucións, chámense Concello, Deputación, Xunta ou Goberno central. Utilizando pretextos que van desde as residencias da terceira idade ata o arranxo de estradas, uns e outros aproveitan o máis baixo e ruin destas técnicas de poder para “lexitimar” a súa acción política. É algo que, desafortunada e deshonrosamente, vemos no día a día do noso “ring mediático”.

Segundo os antropólogos anteriormente citados, hai outros medios de conseguir esta lexitimidade política. Algúns, como os baseados na forza e na coerción, son quizáis peores que estas técnicas do “engano institucionalizado”, pero tamén hai outros modelos que poderían funcionar medianamente ben, como o de escoitar e cumplir as demandas da cidadanía. O caso é que interese a súa aplicación, claro.
Domínguez, Baruk
Domínguez, Baruk


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES