Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

NPG, Os Vilares lareira de soños e GZ comenzan con forza o Outono

martes, 11 de septiembre de 2018
Participan da organización o vindeiro sábado en San Sadurniño do II RECITAL DE POESÍA EN FEMININO, o domingo 16 a I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA e o último venres de setembro ou o primeiro de Outubro (pendente de concretar), a presentación do novo disco de Xardín Desordenado en Guitiriz nun programa de presentacións de novidades literarias, plásticas e musicais que chamarán "Do trinque".

No recital de San Sadurniño estas entidades chairegas encárganse conxuntamente coa concellaría de igualdade do concello da organización do evento, que acadou un notábel éxito na súa primeira edición hai un ano, e na cal ademáis aportan un grupo de poetas chairegos e da provincia luguesa.


A I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA, En colaboración coa asociación cultural e recreativa de Pino e co concello de Cospeito, vai ser unha aposta por novas ideas que sairán deste encontro ademáis de reivindicar a recuperación do noso patrimonio. Constará de marcha guiada á Torre de Caldaloba, música, poesía, arte, e audiovisual e xantar de confraternidade no que ademáis de gozar da amizade nun lugar emblemático, será unha riada de ideas a desenvolver no futuro. O encontro contará con un Manifesto poético musical (Manifesto de Caldaloba).

Ademáis das mencionadas actividades da fin de semana, créase unha nova que se irá desenvolvendo no tempo e que consiste na presentación de novidades literarias, artísticas e músicaiss c@s própri@s autores/as e que se chamará "Do trinque". A primeira será a presentación do novo traballo discográfico de Xardín Desordenado (tamén musicado poemas de Díaz Castro e Manuel María) na Casa Habanera de Guitiriz no último venres de setembro ou no primeiro de outubro.

Asimesmo, a mediados de Outubro darase a coñecer o fallo do Certame Vilariñas 2018 adicado este ano a Alfonso Blanco.

Está semana pecha tamén a inscrición nos cursos da UNED SÉNIOR, aos que NPG e CulturaliaGZ aportan tres obradoiros, de poesía, narrativa e pintura. Máis actividades serán anunciadas após da I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA...
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Noticias RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania