Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensando no futuro

jueves, 06 de septiembre de 2018
¿Qué nos deparará o futuro?
Non o sabemos.
O tempo dirá.

A vida dá motísimas voltas, pero todo obedece a unhas causas:
Se queremos que o futuro sexa bo, temos que ilo construíndo día a día.
Pasiño a pasiño.

Podemos cometer erros, e cometémolos, pero imos avanzando:
-Avanzamos a nivel de coñecementos.
-Avazamos a nivel de comodidades.
-Avanzamos en tecnoloxía.
-Avanzamos a nivel de medios de comunicación.
-Avanzamos a nivel de convivencia interxeracional
-Avanzamos…

¿POR QUÉ AVANZAMOS A NIVEL DE COÑECEMENTOS?
Porque tomamos conciencia de que:
-O saber non ocupa lugar.
-O saber é unha chave que abre moitas portas.
-O mundo que nos toca vivir vai por ese camiño.
Hoxe en día os pais fan todo canto poden e máis para que os “seus pupilos” teñan un bo nivel de instrucción.
Practicamente non quedan pais que priven de ir á escola ós fillos porque teñan que axudar na casa.
Hoxe compréndese que cada persoa debe seguir o seu camiño.

¿POR QUÉ AVANZAMOS A NIVEL DE COMODIDADES?
As comodidades no fogar consíguense por medio do traballo remunerado. A incorporación da muller á vida laboral remunerada, elevou moito o nivel de ingresos na familia.
Do mesmo xeito que as responsabildades compartidas entre homes e mulleres no seo do fogar tamén se van logrando aínda que sexa lentamente.
Hai unha tendencia notoria á hora de educar a infancia neste campo.
Hai que recoñecer que hoxe en día hai moita menos discriminación, por razón de xénero, que en tempos pasados.

¿POR QUÉ AVANZAMOS TANTO EN TECNOLOXÍA?
-Porque todos vemos que merece a pena.
-Porque nos fai a vida máis doada.
-Porque nos reporta moitos beneficios.
Aínda quedan algunhas persoas ancladas no pasado, pero a maioría vai entrando con facilidade.
Dá gusto ver a persoas de idade moi respectable como son capaces de manexar todo tipo de máquinas “intelixentes”.

¿POR QUÉ AVANZAMOS EN MEDIOS DE COMNICACIÓN?
Porque os medios de comunciación de masas abarcan os catro puntos cardinais.
E no tocante ós medios de transporte, pasa outro tanto.
Trasladarse dunha punta a outra de planeta, está ó alcance de moitísmas persoas.
Todo se deriva do progreso e do nivel de instrucción.

¿POR QUE AVANZAMOS NAS RELACIÓNS INTERXERACIONAIS?
-Porque temos máis autonomía económica.
Temos máis autonomía as persoas adultas e tamén a xuventude.
As pensións dan autonomía á ancianidade e tamén ás persoas adultas.
A xuventude independízase en canto pode e cada un na súa casa e Deus na de todos.
Todos precisamos o noso espazo persoal.
Cando a enfermidade nos visita, aí xa temos o deber de apoiarnos mutuamente.
Ese é un capítulo a parte.

Volvendo ó que dicíamos ó principio:
Nos sabemos o que nos deparará o futuro; pero parece ser que imos por bo camiño.
Seguiremos avanzando porque aínda nos quedan moitos soños por cumprir.

“SOÑOS POR CUMPRIR”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa valiosa colaboración co progreso e coa evolución.
Sen a súa valiosa colaboración, o mundo sería diferente.
Vostede é importante, e eu, penso que tamén; polo menos para algunhas persoas.
Grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES