Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder da amistade

jueves, 23 de agosto de 2018
O que ten un amigo, ten un tesouro.
Tamén teño lido que: AMIGOS, UN ENTRE NON SEI CANTOS MIL.

Ben, pois debe de ser que xa me regalaron moitos anos vividos e andando pola vida encontreime con amistades que teñen un valor incalculable.

Estou segura que vostede tamén se sente una persoa especialmente afortunada porque tamén ten no seu haber un feixe de persoas que non hai cartos no mundo que as paguen.

No meu caso, teño que dicir que me sinto unha persoa moi afortunada, porque:

-Houbo alguhas persoas que sen coñecerme de nada, XA ME ILUMINARON O CAMIÑO NA INFANCIA,un camiño que marcou para sempre a miña vida.
Penso que iluminarlle o camiño a unha criatura xa ten un valor moi grande.

- OUTRAS, AXDÁRONME NOS ESTUDIOS.
Nin é que me deran clases particulares nin que me axudaran a estudiar.
Penso que fixeron algo mellor: DÉRONME ÁNIMOS E AXUDÁRONME A SUBI-LA AUTO-ESTIMA.

Eso foi suficiente para que eu crera que podía consegui-los meus obxectivos.

Darlle ánimos a unha criatura é fundamental.
As criaturas necesitan sentirse valoradas e convencidas de que teñen capacidade para superar os obstáculos que a vida lles presenta.

-OTRAS PERSOAS DÉRONME E DANME SABIOS CONSELLOS que acepto de bo grao e fanme a vida máis levadeira.

- OUTRAS MOITAS AXÚDANME NAS MIÑAS NECESIDADES.
Non fai falta que lles diga que preciso esto ou aquelo; elas xas saben o que necesito.

-OUTRAS,cando me visitou a enfermidade, ESTIVERON Ó PÉ DO CAÑÓN: acompañádome, visitándome, dándome forzas…
Son algo así como os anxos da garda.
Este tipo de persoas existen e non hai cartos no mundo que as paguen.

TER AMISTADES DESTA TALLA PENSO QUE É UNHA AUTÉNTICA FORTUNA:
-Necesitas esto: acode fulanito.
-Necesitas aquelo: sabes que menganito está disposto para facilitarcho.
-Necesitas algo diferente: tes a citranito disposto a axudarche.

De tal xeito que te sentes unha persoa arroupada e prezada.
ESO, para min, É UNHA DAS RIQUEZA QUE NOS DÁ A VIDA.

Vostede tamén se encontraría moitas veces en situacións parecidas e sabe que:
A SAÚDE É NECESARIA, A FAMILIA TAMÉN, OS CARTOS TAMÉN; PERO AS AMISTADES QUE NUNCA NOS FALTEN.

Existen moitas persoas bondadosas e xenerosas que fan ben a cambio de nada.
Persoas que se senten cómodas facendo o ben.
SON UNHA BENDICIÓN PARA A HUMANIDADE.
Eu teño que confesar que quedo abraida ante tantas bendicións.
Persoas que se preocupan por min, que me miman, que me tratan con moita tenrura.

Síntome moi, pero que moi, agradecida.
Non sei o que pasaría se tivera que pagarlles todo canto fan por min.
¿Daría feito?
Á miñai dade, as forzas e o poder xa non son moitos; pero…
Grazas a Deus non vexo que teñan falta de nada; pero se a tiveran, estaría disposta a facer por elas todo canto estivera ó meu alcance. Eso, seguro.
¡Que menos!

A veces penso nas consecuencias de todas estas boas accións; non soamente polo que me benefician a min, se non polo que “SEMENTAN” PARA OS QUE VEÑEN DETRÁS.

Cando un pai ou unha nai fai algunha boa obra diante dunha criaturiña, debe ter un doble valor:

1.- O VALOR DA BOA OBRA EN SI E OS BENEFICIOS PARA O/A DESTINATARIO/A.(Que xa non é pouco)

2.- A LECCIÓN QUE SE DÁ Á CRIATURA QUE ESTÁ PRESENCIANDO AQUELO.

Para min ten máis importancia darlle unha boa lección a unha criatura que facerlle un favor a un adulto.

Un favor é un só favor, por moi importante que sexa; PERO A LECCIÓN DADA Á CRIATURA QUE PRESENCIA UNHA BOA ACCIÓN, PODE MULTIPLICAR POTENCALMENTE AQUELA BOA ACCIÓN.

Aí radica o “quid” da cuestión: dar a lección, predicar co bo exemplo.

“LECCIÓNS DE VIDA”
Este será o título do seguinte artigo.

Por hoxe só me queda DAR AS MÁIS EXPRESIVAS E SINCERAS GRAZAS A CANTAS PERSOAS AMIGAS levo atopado polo camiño da vida.

E se eu non podo pagarlles canto ben me deixan feito, OUTRAS O FARÁN.
Nada de canto facemos cae en saco roto.

A INTELXENCIA INFINITA LEVA CONTA DE TODO.
¡É unha sorte!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES