Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrícula para el curso 2018/19

viernes, 17 de agosto de 2018
Uned Senior para tódolos maiores da Galicia Rural

¡Aviso para tódolos galegos e galegas nacidos na primeira metade do século XX!

Se naciches calquera día de calquera ano antes de 1960 en calquera aldea ou vila de Galicia e queres seguir aprendendo, reúnes todalas condicións para ser alumno/a da Uned Senior.

Non importa os estudios que teñas, nin o oficio ou profesión que desempeñaras na túa vida laboral. Só necesitas ter ganas de aprender aínda moito máis do que sabes.

Pon a túa inquedanza en coñecemento das autoridades para que abran unha aula da Uned-Senior cerca da túa casa.

Así o fixeron os da Uned Senior de Xestoso fai uns anos e hoxe contan con aulas en Xermade e Guitiriz na provincia de Lugo e utra tantas nos concellos de Aranga, Monfero, Paderne, Rianxo, Lousame e A Baña na provincia de A Coruña.

No teu concello, tamén pode haber unha aula da Uned Senior onde poidan aprender moitas cousas a un prezo moi módico e asequible a calquera peto, as persoas maiores de 50 anos.

Se precisas asesoramento, a Uned Senior de Terracha-Eume o está disposta a ofrecercho con moito gusto.

Agardamos noticias.

UNED-Senior de Coruña ó coordinador da Uned Senior:
coordinadorunedsenior@gmail.com
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES