Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Botellón

martes, 23 de octubre de 2007
Na noite dun venres de setembro, dúas rapaciñas e un rapaz duns doce anos tonteaban na rúa do xeito inocente que nós o faciamos ós dezaseis. Cando as nenas cansaron do xogo, plantaron ó rapaz dicindo que ían buscar unha festa.

Non volvín saber das rapazas, e fiquei pensando nos seus pais, onde estarían, que farían, como poderían dormir tranquilos cunha nena de doce anos fora da casa.

Os rapaces fan festa cada vez máis tarde en canto á hora, e máis cedo en canto á idade. Pasan a noite de local en local, falando e bebendo, con alcohol ou sen el. E como os precios son elevados para a precaria economía xuvenil, aparece o botellón como fórmula que permite prolongar a festa mentras o corpo aguante.

Pero unha festa sen límites, cedo na idade e tarde na hora, con alcohol e en grupo numeroso produce resultados fáciles de imaxinar, imposibles de controlar, difíciles de consentir polas autoridades competentes.

Os rexedores de seis cidades galegas veñen de xuntarse para tentar solucionar o tema do botellón. E seguro que hai solucións, policiais ou non, coercitivas e disuasorias. Pero o problema ven de máis lonxe, chega máis lonxe. Os culpables non son os rapaces. Os culpables somos os maiores que non soubemos darlles ós rapaces outras ilusións, que non soubemos inculcar disciplina, que non os soubemos educar. Cremos que o problema é o botellón. O problema somos nós. A saber se temos solución.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES