Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 15 de agosto de 2018
Ataques á agricultura

Non é ningunha novidade dicir que a agricultura en Galicia sempre foi maltratada e deixada da man de Deus. Sempre. Agora está peor ca nunca. Atácana polos catro costados. Dunha maneira ou doutra. O caso é machucar nas cabezas dos paisanos para que empecen a abandonar todo. Estes días tócalles ós da Limia, onde a Confederación Hidrográfica Miño-Sil anda detrás dos pataqueiros polos depósitos de esterco. É dicir, que ti mercas un ou varios camións ou tractores de esterco e tes que esparexelo xa ó día seguinte se non queres que che busquen as cóxegas. Así fan coas normas que teñen para os ríos e para as fincas que lindan cos ríos, pensando que tomando medidas os ríos baixarán moito mellor. Cando todo o mundo sabe que o mellor remedio para a natureza é a propia natureza.Pingas de orballo
Seguindo cos ataques á agricultura galega, podiamos falar das explotacións lácteas ou de cando, na viticultura, ás bodegas se lles dá por dicir que non recollen uvas por exceso (ou sexa, porque veñen de fóra). E os gobernantes lávanse as mans. O agricultor que siga arando, o viticultor vendimando e o gandeiro que venda os becerros ó mesmo prezo dos anos 70.

Máis trinque e menos constitución

O asunto é grave. Dentro de pouco Galicia quedará sen habitantes. Levamos 30 anos con máis mortes que nacementos. E mirade que o teño dito: máis cópula, máis trinque. Polo menos nas noites de inverno, para combater esas tremendas xeadas. Pero non hai maneira. O asunto ten que estar na paupérrima economía nosa. Porque o fornicio nunca pasou de moda, nunca pasa de moda. Co bonito que é. Pero, claro, quen lle dá de comer hoxe en día, só que sexa, a dúas ou tres bocas. E quen volve a aqueles anos nos que as familias constaban de dez membros ou máis incluso. Naqueles tempos ardían os ceos e imperaban os lóstregos nocturnos.Pingas de orballo
En Cuba seica venden exemplares da nova Constitución por tres céntimos de euro. Cubaniños, non sexades parvos, para que queredes a Constitución! Para que quere a xente a Constitución, se nin Cuba nin ningún país do mundo cumpre logo coa Carta Magna. Por cumprir non se cumpre nin un maldito artigo, nin apartado, nin capítulo. Máis ou menos o que acontece coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Dos dereitos que? É igual; de calquera declaración, ou norma, ou lei, ou principios, ou regras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES