Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sara Cao, Palabra Viva

martes, 14 de agosto de 2018
Sara Cao é poeta, foi mestra e mellor persoa. Decana do colectivo de “Poetas da Ribeira Sacra”, a quen tiven a sorte de coñecer nos derradeiros anos do século pasado, e con quen compartín numerosos momentos de poesía e lecer.

Sara Cao e autora de miles de poemas en castelán e en galego. Publicou dous libros, “Violetas Celtas” en 1998 e “Miradas e Pensamentos” en 2010, editado pola Deputación Provincial. Desenvolveu no conxunto da súa obra unha serie de particularidades que claramente a individualizan. Así, ao longo das súas composicións descubrimos unha linguaxe anovadora e rompedora que se utilizar para trazar uns versos liricamente complexos envoltos nun profundo intimismo. Sara Cao vivirá para sempre nos seus poemas, aqueles que tecera nas longas tardes de verán, na súa terra de adopción, as Terras de Lemos.

Sara Cao naceu en 1919 na parroquia de Ferreiros de San Eusebio, no concello Ourensán de Coles. Exerceu como mestra ao longo de coarenta anos en Mugardos, A Carqueixa (Sober) e Monforte de lemos, sendo condecorada coa medalla Alfonso X o Sabio como recoñecemento ó seu labor docente.

No ano 2006 o Concello de Monforte e o colectivo de “Poetas da Ribeira Sacra” organizáronlle un multitudinario homenaxe popular. Ao longo da súa vida mereceu diferentes premios e distincións, e o Concello de Monforte adicoulle unha rúa.
Como ben definía a propia Sara Cao, a súa poesía é “Libre, sincera e espontánea”. Neste intre, unha garimosa lembranza.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES