Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En casa de ferreiro coitelo de pau

miércoles, 15 de agosto de 2018
Hai unhas semanas conversaba co responsable da Asociación española para a normalización (AENOR) acerca da situación das administracións locais ante a entrada en vigor da nova lei de protección de datos.

Que este setembro se supón que sen máis dilación entrase en vigor e que complementa a normativa europea respecto diso.

Indicoume que as administracións locais por regra xeral non están preparadas para a aplicación desta norma que complementa xa outras existentes tales como o esquema de seguridade , unha serie de procesos de obrigado cumprimento que garanten as transaccións entre o cidadán e as administracións locais.

Con todo coa normativa na man ditas administracións poden ser sancionadas pola propia axencia de protección de datos por non cumprir ditas obrigacións.

Entón por qué non están preparadas, nalgúns casos por falta de preparación, descoñecemento ou sinxelamente desidia acerca dunhas pautas de control que supoñen uns custos, lixeiros, para as arcas municipais pero crean uns elementos de control e suxeición á xestión da administración. É evidente que a ninguén lle gusta que o controlen e menos aínda se supón un custo, aínda que sexa unha obrigación legal.

A falta de coñecemento do cidadán dos seus dereitos nalgúns casos tamén axuda. Coa entrada en vigor da lei as administracións locais que incumpran son susceptibles de reclamación dunha forma áxil e sinxela ante a Axencia Española de Protección de Datos e por iso susceptibles de ser expedientadas e se non hai máis remedio sancionadas e publicitada dita sanción.

O control dos administradores por parte dos administrados é esencial para que estes non obvien os dereitos do cidadán. En materia de seguridade da información o cidadán ten unha poderaso ferramenta na Axencia de protección de datos que a traves da súa paxina web e os seus técnicos dá pé a defender uns dereitos de privacidade tan pouco valorados como importantes.

Este Setembro entra en vigor a norma. A ver con que celeridade se poñen ao dia os nosos administradores máis próximos, os concellos.

A ver qué pasa.
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES