Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valdeflores, en Viveiro

viernes, 03 de agosto de 2018
Hai unha crenza moi común, moito máis ca unha lenda urbana, que acredita que os lugares con curta historia –civilizacións que non gardan memoria antiga- como os Estados Unidos de Norteamérica, aprecian calquer resto monumental que poden adquirir fóra para demostrar querencia polo pasado. E mosteiros completos alí trasplantados certifican ese amor.

Continuación do anterior é a certeza de que en España, concretamente en Galicia, temos tal riqueza monumental, que moitas propiedades comunais esmorecen por falta desa atención que se ten que traducir en investimentos millonarios. En Lugo, exemplos como o Castelo de Caldaloba, o mosteiro de Ferreira de Pallares en Guntín, e ducias de castros monumentais acreditan a imposibilidade económica de afrontar as necesidades das nosas riquezas pétreas.

Súmase agora a esta penuria o mosteiro viveirense de Valdeflores, en perigo porque está pechado desde a marcha das últimas monxas que o poboaron.

Entrando en Viveiro, desde Lugo, á esquerda, aparece o monumental mosteiro que foi fundado no século XV, declarado monumento nacional, con igrexa gótica do século XV, e edificio do XVII. Na igrexa, ademais dun lignum crucis, está a imaxe da Virxe de Valdeflores que a lenda quere que fora atopada por un labrego soterrada no lugar que hoxe ocupa o mosteiro.

Discrepancias entre as monxas que o servían, fixo que quedara desatendido, que se comente que desapareceron del dous valiosos códices, causando a xeral preocupación en Viveiro e a preocupación especial da Cofradía de Nosa Señora de Valdeflores polo peche deste convento consustancial coa historia de Viveiro desde hai seiscentos anos.

Fálase xa de que naquel monumental edificio pode construirse un parador de turismo ou un xeriátrico, pero a preocupación vai moito máis aló, porque o peche dun mosteiro coma este significa a morte dunha institución insustituible, que non pode compensarse coa utilización física do inmoble, senón que é un anaco da nosa historia que morre poque non somos quen de manter memoria viva do que aquela institución supuxo para a relixión, a cultura, e para a historia de Viveiro e de todos nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES