Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cartos deben circular

jueves, 02 de agosto de 2018
-¿Qué son os cartos?
-Papel, chatarra…
-Algo que produce a Fábrica de Moeda e Timbre de cada país…
¿Para que serven?
Realmente son de moitautilidade cando sabemos administralos.
Pero…
¿Cal é a mellor maneira de administralos?
¡Quen a soubera!

-PARA UNHAS PERSOAS O MELLOR DE TODO É TER MOITOS CARTOS POR SE FIXERAN FALTA PARA O DÍA DE MAÑÁ…
A este grupo pertencen as persoas que, podendo vivir dignamente, viven con multitude de estreituras porque a súa mentalidade nos lles permite gastar pesando sempre no futuro…
Eu penso que o que deberían facer sería vivir o presente.

-PARA OUTRAS O FEITO DE TER CANTOS MÁIS CARTOS MELLOR É UNHA MANEIRA DE SER RESPECTADAS E VALORADAS DIANTE DOS OUTROS (Según elas, claro).
Pensoeu que moi engandas están.
¿De que me vale a min que o veciño teña moitos cartos se non vai compartir comigo nin un céntimo?

-PARA OUTRAS OS CARTOS NON TEÑEN A PENAS VALOR, O IMPORTANTE É TER COUSAS AÍNDA QUE ESTEAN EMPEÑADAS.
Son aquelas persoas“extremadamente atrevidas” que pensan que van saír adiante pase o que pase e, o que pode pasarlles é que se metan en “camisas de once varas.”
Meterse en camisas de once varas, teño entendido que signifca meterse en problemas de moi difícil solución.

-PARA OUTRAS, ó meu modesto entender as máis acertadas, OS CARTOS SON UNHA FERRAMENTA QUE NOS PERMITE CAMBIALOS POR BENS QUE MELLORAN A NOSA CALIDADE DE VIDA NA MEDIDA DAS NOSAS POSIBILIDADES.
É dicir: “non estirar o pé máis do que dá a manta”
Pois eso: ¡Os cartos deben circular!

Os que compramos bens de consumo estamos favorecendo a economía do país e do mundo.
A economía móvese a través do intercambio de productos entre persoas, entre industrias e entre países; e os cartos xeralmente son a moeda de cambio.
Pasa como cos muíños de auga: “AUGA PARADA NON MOVE MUÍÑO”
Pois os cartos parados, tampouco.
OS CARTOS ESTÁN FEITOS PARA CIRCULAR DE MAN EN MAN FAVORECENDO DESE XEITO O MOVEMENTO DE TODA CLASE DE BENS:

-BENS MATERIAIS para satisface-las nosas necesidades materiais: alimentos, calzado, vestido, transporte...

-COÑECEMENTOS CIENTÍFICOS que tamén son máis necesarios que nunca porque o mundo está cambiando constantemente e cómpre estar ó día en todo aquelo que estea ó noso alcance se non queremos quedarnos no foxo da vida.
Canto máis invirtamos en coñecementos, mellor comprenderemos o mundo que nos rodea.

-BENS ESPIRITUAIS porque o noso espírito tamén precisa alimento e moito.
Se esquecemos os bens espirituais convertémonos en materia pura e dura.

NIN SOMOS SÓ MATERIA, NIN DÁMOS POR SATISFEITAS AS NOSAS NECESIDADES CON
BENS MATERIAIS POR MOITOS QUE TEÑAMOS.

A nosa alma ten unhas necesidades que non colman os bens materiais.
Nos tempos que nos toca vivir é moi doado pensar que tendo cantos máis adiantos mellor xa teremos todo o que necesitamos.
Penso que non é excatamente así.

OS ADIANTOS ESTÁN MOI BEN PERO NON SON SUFICIENTES.

O noso ser espiritual ten unha dimensión sobrenatural que só Deus pode encher.
Por algo dixo a MADRE TERESA DE CALCUTA:
“A ARMA MÁIS PODEROSA É A FE”
Este será o título do seguinte artigo.

Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.

E moitas grazas por canto deixa colaborado cos seus cartos para que tanto vostede como
outras persoas vivamos un pouco mellor cada día.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES