Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (8)

miércoles, 08 de agosto de 2018
8. Retorta, San Romao de.
8.1. Cruz de Perros


X= 602.721. Y= 4.758.247.

Está situada ao carón da propiedade de Manuel Viña e Pura Pereira.

Sobre unha gran plataforma irregular de cantería, de dous corpos, se levanta unha base, que mostra dúas partes: a primeira, de forma paralelepípeda regular; e a segunda, tamén de forma paralelepipeda mais irregular; ambas as dúas partes presentan deterioros mais dun xeito preferente a parte superior. A base serve de soporte a unha cruz latina, de sección cuadrangular, que amosa o brazo vertical moi alongado mentres que o horizontal e moicurto.

9. Santa Euxea, San Xoán de.
9.1. Cruz do cemiterio.


X= 610.611 Y= 4.747.568

No adro–cemiterio desta parroquia houbo hai anos unha cruz de madeira, construída por un membro desta parroquia chamado Camilo, pertencente a “Casa de Alvarín”. Co paso dos anos a cruz foise deteriorando, o que deu lugar á colocación dunha nova mais xa de cantería, construída por un albanel de fora da comunidade parroquial.

Está composta dos seguintes corpos:
Unha plataforma, de forma paralelepípeda, que serve de apoio a unha dobre base, monolítica, semellante, que amosa en cadansúa dous niveis ou tramos: o inferior de forma paralelepípeda e o superior cos bordos redondeados a xeito de bocel ou toro. A base serve de sostén a unha cruz de cantería, latina, máis alongada no brazo vertical. Os extremos dos brazos amosan formas semi-esféricas con rebaixes.

O 24 de Xuño, festividade do San Xoán a procesión circunvala á igrexa e, tamén, a cruz.

10. Sirvián, Santa María de
10.1. Cruz de Eirexe.


Esta situada no lugar de Eirexe, parroquia de Santa María de Sirvián. Colocada á beira dunha estrada local. Está no interior dunha propiedade privada, aínda que ten un carácter público. Amosa unha base formada por dous corpos de cantería de forma paralelepípeda irregular. Esta serve de sostén a unha cruz de cantería, latina, de sección cuadrangular nos extremos dos brazos e oitavada no resto. E de amplas dimensións, sobresaíndo o brazo vertical que é moi alongado. Os extremos do brazo horizontal e o extremo superior do brazo vertical presentan unha forma de cruz potenzada.

Foi destruída por un tractor e reformada hai medio ano aproximadamente.

As persoas de máis idade da parroquia din que antano dende a igrexa antiga saía a procesión o día da Ascensión e circunvalaba esta cruz, retornando logo ao punto de partida.


NOTA: Os dixitos en paréntese refirese a cruces desaparecidas.

BIBLIOGRAFÍA:
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, J.M., e SAAVEDRA PÉREZ, Mario: Cruceiros do Concello de Vilalba, Vilalba (Lugo): I.E.S.CH. 2011.
BLANCO PRADO, José Manuel: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
DÍAZ BERTA, Román: Galicia, pueblo a pueblo: La Voz de Galicia. Xunta de Galicia.
EQUIPO “IR INDO”: Galicia en Comarcas. Lugo, Vigo: Ir. Indo. La Voz de Galicia, 2005, páx. 111.
MUÑIZ, Manuel: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Lugo: Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011.
FIGUEROA PAZ, Antonio V: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
RIELO CARBALLO, Nicanor: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia, Madrid: M.E.C. e M. DE CULTURA. T..II e V. 1975.
RODRÍGUEZ CASTELAO, A.D.: As cruces de pedra na Galiza, Vigo: 1984.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania