Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esta vida é irrepetible

jueves, 26 de julio de 2018
-Para unhas persoas, coa morte acábase todo.
-Según outras persoas, os mortos seguen vivos mentres haxa quen se lembre deles.
-E outras pensan que despois da morte, vén a resurrección: un estado no que nin os homes se casarán nin as mulleres serán dadas en matrimonio, serán como anxos do ceo. (Envanxelio de Santo Marcos, capítulo12).

En ningún dos casos se nos dí que volveremos a ter o corpo que temos, nin a casa que temos, nin a familia que temos, nin os amigos que temos, nin nada de canto temos.

É dicir que todo canto temos: corpo, familia, casa, amigos, títulos, coche…Todo queda aquí á hora de partir.

ENTONCES CABE FACERSE VARIAS PREGUNTAS:

1.- ¿Convennos acaparar cantos máis bens materiais mellor para poder comprar todo o que necesitamos mentres estamos nesta vida?

2.- ¿Convennos derrochar todo canto temos porque calquera día ímonos e non levaremos nada?

3.-¿Convennos traballar duro para levar unha vida digna, mentres estamos?

4.- Que é o que máis nos convén?

-SE OPTAMOS POLOS BENS MATERIAIS PENSANDO QUE CON ELES XA TEMOS A FELICIDADE ASEGURADA, ESTAMOS EQUIVOCADOS.

Podemos caer na tentanción de conseguir bens materiais ó prezo que sexa: traballando noite e día, roubando, asoballando a outras persoas…

HAI PERSOAS QUE VIVEN PARA TRABALLAR E ACUMULAR CARTOS, PERO ESQUÉCENSE DE VIVIR.

Cando morran serán os máis ricos do cemiterio.
Grave erro.
Os bens materiais son necesarios pero non dan a felicidade.
A felicidade está por encima do material.

-SE OPTAMOS POR DERROCHAR, MAL VAMOS.

Acabaremos no foxo da vida durmindo debaixo dunha ponte, nun caixeiro automático, na boca do metro ou ó raso...

Do que se trata é de administrar rectamente os recursos dos que dispoñemos e facelos producir según as nosas posibilidades.

-SE OPTAMOS POR TRABALLAR DURO PARA LEVAR UNHA VIDA DIGNA, IMOS POLO BO CAMIÑO.

O que máis nos convén é desenrolar os talentos que a vida nos dá.

Cada quén según a súacapacidade e posibilidades.

A persoa que naceu dotada de boa capacidade intelectual, estudiando poderá abrirse novos camiños que fagan un mundo un pouco mellor cada día.

A persoa dotada de habilidades manuais, no traballo manual ten a súamaneira de realizarse.

Todos somos necesarios e importantes para colaborar na construcción dun mundo mellor para todos.

O que fago eu, repercute, para ben ou para mal, nos outros.
O que fan os outros, tamén repercute na miña calidade de vida.
Todos estamos interrelacionados.

SE CADA PERSOA FAI O QUE PODE, O ÉXITO ESTÁ ASEGURADO.
Se unha persoa loita por adquirir unha formación para aquelo que se sente máis apta, xa está conforme consigo mesma.

Se ademais se esmera por formar a súa conciencia rectamente, se actúa según o seu corazón lle dicta, xa vai ben.

Esa persoa terá capacidade para vivir con dignidade, formar unha familia, estar rodeada de boas persoas, respectar e ser respectada.
En difinitiva: VIVIR BEN E NON APEGARSE A NADA.
Imos de paso.

E CANDO CHEGUE A HORA DE PARTIR: DEIXAR O MELLOR LEGADO POSIBLE PARA AS XERACIÓNS VINDEIRAS.
O resto xa non está nas nosas mans.

E recordar sempre que os cartos son unha, entre outras moitas, ferramentas das que dispoñemos.

Os cartos non son para amontoar, nin para derrochar; son para circular.
Os cartos son un medio, nunca una finalidade.

“OS CARTOS DEBEN CIRCULAR”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas por todo.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES