Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Certame literario molgués en 1921

lunes, 23 de julio de 2018
Buscando e rebuscando en xornais atrasados noticias sobre Baños de Molgas (tan atrasados como que son de principios do século pasado), recoñezo que adoito atoparme, maioritariamente, coas novas relacionadas sobre desgrazas, máis en concreto sobre grandes pelexas, miserables pendencias e crimes diversos. Claro que tamén é verdade que, aínda hoxe, os xornais, acostuman escribir máis sobre os grandes sucesos que sobre as bonanzas acaecidas nas nosas vilas e aldeas. Sempre nos queixamos que tal ou cal lugar só asoman nos medios cando hai un desastre, un crime, un suicidio.

Sobre pelexas e crimes xa teño escrito diversos relatiños, polo que se continuo con eles, moitos ata poderán pensar que os de Baños de Molgas somos uns abisinios. En Baños de Molgas tamén hai noticias de ben, noticias alegres e, faltaría máis, noticias culturais. Non só lle damos ó machete.
Certame literario molgués en 1921
Así, no mes de setembro de 1921, no balneario da vila celebrouse un brillante certame literario (aí está, cultura pura), que presidiu a fermosa señorita Consuelo Rodríguez. Á tal festa seica concorreron numerosas persoas. Laurearon co premio de honor ó culto doutor en dereito e moi distinguido santiagués don Homobono González, que, como non podía ser doutra maneira, pronunciou unha fermosísima salutación e deulle lectura á poesía premiada, que levaba por título “O tren da vida”. Tanto a salutación como a poesía fixo que os asistentes se puxeran de pé e aplaudiran a rachar, a esgalla. Por certo, o doutor Homobono, no mes de agosto de 1927, sería o tesoureiro da Federación do Colexio de Doutores de Santiago.

Neste e en calquera certame que se prece, ten que asomar tamén o correspondente discurso deses personaxes invitados con certo don da palabra, moitas veces para que, simplemente, o premiado ou o homenaxeado non se sinta só. Así é que alá saltou o director do Instituto de Ourense (o actual IES Otero Pedrayo), don Salvador Padilla (catedrático de latín e castelán) e, lóxico, non ía ser menos en recibir unha gran ovación do auditorio. A ver, non vexo eu ós de Baños de Molgas (por moi cafres que sexamos) facéndolle un menosprezo a tan eminente personaxe.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES