Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manzanero, Armando

martes, 16 de octubre de 2007
Hai corenta anos, eu tiña vinte, Radio Popular comenzaba o seu camiño polas ondas na provincia de Lugo. Armando Manzanero arrasaba entre os mozos polos seus temas melosos, románticos, namorados, namoradizos.

Aquel “Somos novios” ou “Esta tarde vi llover” emocionaban, arrebataban. Pensábamos que eran cancións propias, nosas, da mocidade daquel tempo, que morrerían coa nosa xuventude pola caducidade natural das cancións que se poñen de moda.

No San Froilán 2007, un Manzanero que calculo como mínimo setentón, arrasou na praza de Santa María diante dun público entregado que volveu -volvemos- ser novo nunha incursión meteórica no personalísimo baul das lembranzas.

As cancións de Armando Manzanero fixeron o milagro de que lucenses manifestamente adustos sucumbisen á maxia da ledicia, que venerables testas se moveran de xeito irrefrenable ó ritmo da súa música, que dun plumazo desaparecesen milleiros de enrugas mentais... Manzanero conseguiu demostrar que corenta anos non son nada cando xorde viva a música da nosa mocidade.

Os do meu tempo matinamos que a música dos anos sesenta é moi superior á das décadas posteriores. Posiblemente sexa verdade, pero non todo o mundo está dacordo.

Mais se fixese falla algunha autoridade na materia que avalase esta suposición, acudo ó Sumo Sacerdote que en Santa María nos encheu de ledicia e nos volveu á mocidade. Gracias Manzanero, pola viaxe no tempo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información