Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ministra de traballo pretende modificar o estatuto dos traballadores

lunes, 16 de julio de 2018
Estes días a actual ministra de traballo Magdalena Álvarez adiantou a intención de modificar o estatuto dos traballadores para volver dar primacía ao convenio colectivo sobre o convenio de empresa.

Esta é unha boa noticia para os axentes sociais. Patronal e sindicatos xa que o seu labor constitucional e primordial é a representación e defensa dos seus asociados, empresarios nun caso e traballadores noutro. Esta representación e defensa realízase mediante a negociación colectiva.

O Convenio colectivo é ese contrato marco, ese contrato de tipo global que encadra os requisitos de dereitos e deberes nun sector para os empresarios e os traballadores englobados nel. Ademáis é o único acordo privado que ten efectos de lei e o seu contido é vinculante para os asinantes e non asinantes se están encadrados dentro do seu ámbito de actuación.

Cando no pasado 2012, o goberno decidiu flexibilizar as relacións laborais co fin de deter ou polo menos paliar a sangría de desempregados, permitiu que os acordos de empresa, os denominados convenios de empresa, primasen sobre os acordos de sector. É dicir un acordo entre traballadores e empresario dun taller tiña máis peso e volume que o realizado polo conxunto do sector dos talleres. Isto xunto coa posibilidade de descolgue do convenio por parte das empresas.

Isto que xerou un evidente abaratamento das condicións de traballo e é certo freo a sangría de desempregados, tamén causo un dano importante aos axentes sociais. A patronal e as organizacións sindicais teñen como orixe e fin ultimo a negociación colectiva. Certo é que para pagar ou manter as súas aparatosas e en ocasións obsoletas estruturas, realizan en moitas ocasiones labores que os asemellan máis a academias ou centros de formación que a axentes sociais. Preocupándose máis en ocasións de alugar espazos coma se se tratasen de centros de negocios e de tramitar subvencións que dos seus representados.

Con todo a súa razón de existir é a negociación colectiva, o ser interlocutores das administracións e en ocasións ser elementos de presión a favor dos seus asociados.
A modificación de 2012, foi en conxunción coa diminución dos fondos dedicados ás subvencións a puntilla dos axentes sociais que non souberon adaptarse aos novos tempos e seguen arrastrando moito peso morto e malos hábitos duns tempos de esplendor xa afastados onde a utilidade da organización non era tan relevante tendo en conta das inxeccións económicas que a mantiñan de forma artificial e en moitos casos artificiosa.

A devolución do seu papel primordial a estes axentes sociais , é unha boa noticia que espero que estes saiban aproveitar para iniciar un proceso de renovación que os seus asociados demandan desde hai xa tempo.

Renovarse ou morrer.
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES