Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alumnos da UNED Sénior recibirán os diplomas do curso 2017/18

viernes, 13 de julio de 2018
O Acto Oficial de Clausura de Curso e entrega de diplomas ao centenar de séniores matriculados este curso celebrarase na sé da UNED A Coruña e contará, para a Lección de Clausura, coa partipación de Felipe Senén López Gómez.

Os máis veteranos da UNED na Coruña finalizan este curso académico con honores. Como pechadura de ano académico, o vindeiro venres 20 de xullo, a UNED A Coruña organiza a entrega de diplomas e Clausúraa oficial do curso, a partir das 11:00 da mañá, no salón de actos da sé na Coruña.

Ao acto está previsto que asistan representantes das institucións que integran o Programa Sénior: Xunta de Galicia, Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade, Guitiriz, Rianxo, Lousame e as dúas últimas incorporaciones, Porto do Son e A Baña.

Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado, estará acompañado por Luís Anxo Rodríguez Patiño, coordinador do Programa Sénior e a súa alma mater.

Este ano a tradicional Lección de Clausura a impartirá o museólogo, técnico de xestión cultural e responsable da asignatura "Historia de Galicia", Felipe Senén López Gómez, e levará o título 'Virtualidad e realidade nos novos sistemas de educación'.

A configuración desta alternativa de estudos na UNED coruñesa é única. A universidade desprázase a distintos puntos do rural para que os maiores con máis dificultades de acceso a estudos superiores, poidan optar a esta formación. Tanto a variable de idade -a media de idade de alumnos matriculados é superior a calquera programa sénior afín- os distintos puntos onde se imparte docencia e a pluralidade de temáticas no plan de estudos, e a súa natureza dinamizadora, converten este Programa nun proxecto singular e único.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES