Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4)

miércoles, 11 de julio de 2018
13. Retorta (Santa Cruz de)
13.1. Cruceiro da Retorta

De dominio público. Está situado ao carón do muro, que delimita o adro da igrexa parroquial do exterior, e á beira dunha estrada local.
Consta dos seguintes corpos:
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4)Unha plataforma de tres chanzos de granito.
Unha base composta nunha orde ascendente de tres tramos: o primeiro, paralelepípedo; o segundo, de cuarto caveto invertido; e o terceiro, paralelepípedo cos bordos superiores redondeados. Un dos lados da base, funcionaba como “esmoleiro”. Na actualidade, non está operativo, xa que o enrexado metálico desapareceu e so conserva o oco do esmoleiro. Asi mesmo nunha das caras deste corpo hai restos dunha inscrición na que aparece a data na que foi construido o cruceiro, a saber “ 1865”.
Un fuste que amosa unha sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto.
Un capitel constituído por dúas partes: a inferior, de tendencia a unha estrutura troncopiramidal invertida, está formada por unha superposición de listeis; a superior, mostra unha estrutura troncopiramidal.
Unha cruz latina, de sección cilíndrica, rematando os seus brazos nunha forma semiesférica.
“Ao carón da igrexa parroquial hai un cruceiro con efixie e peto de ánimas. Ano de 1865”.

14. Sirvián, Santa María.
14.1. Cruceiro de Montouto

X= 605.458 Y= 4.755.236

Esta colocado no adro da capela de Montouto e ao carón dunha estrada local. Consta dos seguintes elementos:
Plataforma de dous chanzos, parcialmente rotos. Base de dous corpos: o inferior, paralelepípedo irregular, deteriorado por unha das súas caras; e o superior tamén deteriorado por unha das dúas caras e tendente a troncopiramidalidade. Na parte inferior das algunhas caras amosa unha inscrición incompleta, debido a que a cara na que estaba un “ esmoleiro ou peto de ánimas”, na actualidade só queda un oco.
Cara NW: IMA
Cara NE: Lugar no que había un PETO. Agora, so queda un oco como no da Retorta.
Cara SE: BAMT?
Cara SW: AS?
Fuste de sección cuadrangular en ámbolos dous extremos, e oitavado no resto. Capitel, da mesma estrutura que o da Retorta. Cruz de canteria, latina, de sección cilíndrica, cunha ornamentación de “formas semiesféricas” nos extremos dos eixos vertical e horizontal.

Datos etnográficos
Na capela, situada preto deste cruceiro, celebrase o 24 de Agosto a festividade do San Bartolomeu . Segue habendo o ritual de “Poñer o Santo”; o fregués do lugar, Jesús Mourelos Iglesias, é o encargado de levar a cabo o ritual; así, no intre de pasar a imaxe pequena do Santo pola cabeza dos devotos recita a seguinte xaculatoria:
“Por la intercesión de San Bartolomeu/ te saque la enfermedad/ te de la sanidad. Amén”.

15. Vilameá, San Martiño de.
15.1. Cruceiro de Vilameá.

X= 606.999 Y= 4.752.910

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4)Está situado preto da igrexa parroquial de Vilaméa e ao carón dunha estrada local que comunica a parroquia con outras comunidades do municipio.
O último día de Xuño, festividade da Nosa Señora, a procesión circunvala o cruceiro.
O cruceiro data de finais do XIX ou principios do XX.
Está composto dos seguintes corpos:
Unha base semiesférica.
Un fuste prismático, de sección cuadrangular.
Un capitel de varios elementos: o inferior de forma troncopiramidal invertida; o superior formado por un pequeno tramo paralelepípedo; ámbolos dous están unidos nunha orde descendente por unha moldura cóncava en escocia, e por unha moldura convexa de bocel ou toro.
Finalmente, unha cruz latina, de sección cuadrangular, que amosa un ornato semiesferico no extremo superior do brazo vertical. Os elementos da cruz non corresponden co antigo cruceiro, sendo polo tanto restaurada.

16. Zolle (Santa María)
16.1. Cruceiro de Zolle

X= 611.116 Y= 4.749.116

Está situado no adro da igrexa parroquial. Está composto dos seguintes corpos:
Unha plataforma de estrutura troncopiramidal, composta por tres chanzos graníticos, de forma paralelepípeda, con dous niveis: o superior, máis extenso que o inferior. O chanzo superior está roto nun dos lados.
Unha base de dous tramos: o superior de forma paralelepípeda; e o inferior, formado por unha moldura cóncava-convexa. Dúas caras da base, mostran un anxo como elemento ornamental.
Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto con acanaladuras.
Un capitel composto nunha orde descendente dos seguintes tramos: o primeiro, de forma paralelepípeda; o segundo cunha moldura en filete; o terceiro, forma de colariño; e o inferior, moldurado a xeito dun bocel ou toro.
Finalmente, unha cruz latina de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos son forma de cruz potenzada.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES