Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santo, Santo

jueves, 11 de octubre de 2007
Eu teño por patróns a Ramón e Froilán. O primeiro, catalán, naceu santo cando o quitaron vivo do ventre de súa nai morta. O lucense Froilán currouse a santidade milagre a milagre, libro a libro.

Mentras Ramón é santo importado, Froilán cadra o círculo de ser santo e profeta no seu pobo natal.

Ramón é patrono da miña Vilalba nativa, e o seu reinado exténdese pola Chaira inmensa que inclúe Lugo e máis aló. Trae consigo case sempre un tempo magnífico, bonanza poscanicular que permite facer xira festeira en medio de verdores, agora convertida en festa política da terceira idade.

Froilán é santo popular conquistador de multitudes, que hai séculos inventou un franciscanismo peculiar convencendo ó lobo que dera morte ó seu burro de ser porteador perpetuo da súa biblioteca ambulante.

Os incunables de Froilán, cuidados polo lobo bibliotecario, buscando ben, quizais aparezan algún día nos nutridos anaqueis da Biblioteca do Seminario lucense ou na monumental catedral leonesa, e quizáis entreles haxa algún no que o santo relate o seu incansable peregrinar levando polo páramo leonés as Divinas Palabras do Señor.

Ramón e Froilán, santas disculpas que permiten disfrutar de xornadas especiais, baños de multitudes para os políticos. Máis nas lucenses, eso sí, que para eso é o centro da provincia. Todo, “ad maioren glorian” de Ramón en Vilalba, en Lugo Froilán.

O San Ramón pasou hai mes e medio. O San Froilán remata. Todo acaba.

Vou ter que buscar un santo máis, no medio do inverno, para completar o meu calendario festeiro. Menos mal que en maio teño os Milagros de Saavedra. Santo, santo, santa. Amén.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES