Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: A tartaruga de "Papaíto"

jueves, 11 de octubre de 2007
O periódico “JUSTICIA”, que por aqueles anos se editaba en Mondoñedo, publicaba no seu número do 14 de outubro de 1922 unha información do seu correspondente en Foz, o mestre don Ramón Salgado Toimil, que textualmente dí así:

“Allá por mediados de septiembre hizo su aparición en aguas de nuestro Cantábrico, una extraña y demesurada tortuga, que atrajo la atención de la crecida colonia bañista aquí a la sazón existente. De extraordinario tamaño y durísima concha, que trajo adherido un mundo de percebes, fue considerada por todos como un hermoso ejemplar, capaz de competir con los mayores de las islas mascareñas, que gozan fama de alcanzar hasta un metro de largo.
Ante lo insólito y sorprendente del hallazgo montaron las lenguas en dichos y comentarios más o menos fantásticos, respecto al peregrino arribo del reptil a costas tan distantes de las preferidas por sus legítimas exigencias. Hubo quien lo supuso de arribada forzosa desde otras latitudes -tal vez desde los mares de Suramérica-, a merced de las corrientes que a Foz lo condujeron. Mas, sobre todos los pareceres, prevaleció el del popular industrial Jesús Cageao, quien dice y asegura que el singular carey ha llegado a nuestro litoral para lucir sus carnes y su envoltura ósea, en las fiestas y ferias de San Lucas y San Froilán. Y como en el inteligente y activísimo industrial de Foz el pensamiento es acción, allá se fue a Lugo con su flamante barraca donde, según cuentan, hase ganado sus buenas pesetas, y si le dejan tiempo y… tortuga, pues parece que tratan de quedarse con ésta en la ciudad de San Froilán por ¡cuatrocientas pesetas!, ahí le tendrán ustedes en San Lucas con su famoso bicho”.


Precisamente esta viaxe á cidade episcopal sería o derradeiro para a tartaruga.
No noso libro último, “Miscelánea Focense”, contamos cómo Jesús Cageao, a quen os focegos chamábamos “Papaíto”, agarimoso apelativo que lle aplicaban os seus netos e que se fixo extensivo a toda a poboación, levaba como voceiro do espectáculo a Montero de Mondoñedo, o pai do “mago Merlín”, que á porta da barraca reclamaba a atención das xentes con estas verbas: “¡Lo nunca visto, señoras y señores! ¡Pasen y contemplen este monstruo marino capturado en lejanos mares!”.

A tartaruga necesitaba que cada tempo lle renovasen a auga do habitat que para a súa supervivencia tiña que ser salgada. Polas San Lucas houbo que facer a operación e Suso, o fillo de Papaíto, arrincou co coche cara á beiramar para proverse do líquido elemento mariño necesario; pero contábase entón que o aposto focego facíalle as beiras no campo da feira a unha moza de Fanoi e quería voltar de contado para xunto a ela; por gañar tempo detívose a medio camiño, cargou de auga do río Masma, en Lourenzá, e así acabou os seus días o infeliz animal.

É boa verdade que “hai amores que matan”, pero neste caso a víctima do lance foi a exótica e despistada tartaruga que veo a pagar coa vida a vintecinco kilómetros do mar, que era onde debía estar, e por razóns sentimentais, alleas á súa natureza.

“Papaíto” foi un comerciante emprendedor, progresista, imaxinativo e xeneroso. A súa desbordante fisonomía, que lle outorgaba a propiedade dunha inmensa barriga, a cadea do reloxio por enriba do chaleco, e o ineludible puro -era un sibarita e consumado fumador- dábanlle o aspecto de fornecido navieiro ou de “rico empresario dun circo monumental”, como o descrebera Alfonso Toimil.

Hai xusto 85 anos, “Papaíto”, acaso o único barraquista focego da historia, causaba sensación no San Froilán e as San Lucas, amosando a tanto festexeiro e feirante o insólito e “desmesurado” réptil, endexamis chegado a estas latitudes; un negocio moi rendible que como tantos outros o amor botou por terra…

Hai 55 anos da morte de Jesús Cageao (1952); entón alguen dixo que coa súa desaparición pechábanse cincuenta anos da historia entrañable de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES