Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas do Asilo (V). Personaxes populares: O Mudo

jueves, 05 de julio de 2018
No libro “O Asilo: a súa historia” (1999), conta Antón Niñe que, dende a inauguración, pasaran por él 751 residentes de ambos sexos; o 20% de Foz e os demais de concellos veciños, do resto de Galicia e doutras autonomías; xentes heteroxéneas que deron lugar á presenza de individuos singulares e mesmo pintorescos que, nalgunha medida, ameizaban a convivencia veciñal, coa que mantiveron sempre moi cordiais relacións.

Lembranzas do Asilo (V). Personaxes populares: O MudoO mais popular deles, perante moitos anos, fora “o Mudo”; así chamado pola condición de tal; a singularidade radicaba na incógnita da súa existencia, ao punto de descoñecerse a orixe.

O bó do home, de aspecto exótico, tez morena, corpulento aparecera, sen nengúen saber cómo, deambulando pola vila de Meira, ao pouco de rematada a guerra civil (1939). Polas explicacións que coas mans e a mímica se esforzaba en emitir, decíase que o forasteiro caera dun avión, extremo nunca confirmado.

Solitario, perdido e aillado, foi recollido polas autoridades e enviado a un Centro de atención en Santiago e, sen tardar, remitido ó asilo de Foz, onde permaneceu ata o pasamento, a idade indeterminada, pola carencia de datos biográficos que algún aventuraban arredor dos 75 anos.

Sorprendía a soltura e estilo do home manexando o bolígrafo que, no papel, deixaba uns trazos firmes, non exentos de certa elegancia, que facían pensar nalgunha forma de escritura, que nunca se descifrou.

Un domingo de maio de 1952 celebrouse no asilo un emotivo acontecemento, ao que asistíu moita xente, como era costume nas festas daquela Casa: o bautizo do “Mudo”. Sor Paz puxo o coro a punto, e na cociña as deliciosas confituras das ocasións. O neófito fora apadriñado por Sor Dolores, a Superiora e don José M. Fernández Rancaño, secretario do Goberno Civil de Lugo e fóronlle impostos os nomes de Santiago Meira Foz.

Polos anos 60 “o Mudo” acadou grande soa. Contamos a historia ao noso amigo, entón prestixoso xornalista, Jorge Víctor Sueiro; él publicou un reportaxe en varios xornais galegos e estatais. De resultas, chegou carta dunha señora de Valencia, con unha foto como de grupo familiar e, diante del, deitado no chan,un fermoso cadelo. Ao velo, o Mudo, amosou a emoción e, con insistencia, o sinalaba, emitindo ladridos que emulaban os do can, actitude que se comunicou á muller que, ante a nova, viaxou a Foz. Pero tampouco se aclarou ren; a viaxeira voltou á súa terra e Santiago Meira Foz , “ o Mudo do Asilo”,ficou aquí de por vida…

Vindeiro capítulo: Outros personaxes populares.

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES