Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Egoísmo sen límites?

jueves, 05 de julio de 2018
¿Coñece vostede alguna persoa egoísta?
Eu coñezo moitísimas persoas altruístas.

Coñezo moitísimas persoas que procuran o ben alleo antes que o seu con tal de que o mundo vai un pouco mellor.

Coñezo e trato moitísimas persoas misericordiosas, compasivas… Moitas persoas de bo corazón con conciencia debidamente formada.

Grazas a elas o mundo vai o ben que vai:
-Familias que se desviven para que os seus fillos teñen unha vida digna.
-Persoas do mundo laboral que saben cumprir coa súa obrigación e fan a vida agradable ós seus compañeiros e compañeiras de fatigas.
-Veciños e veciñas que respetan os dereitos dos demais e incluso están dispostos a botar unha man cando te ven en necesidade.
-Autoridades que traballan polo ben da cidadanía e fan melloras sociais que repercuten na calidade de vida das persoas.

HAI MOITÍSIMAS PERSOAS DE BEN NO MUNDO.

Motísimas persoas coñecidas ou anónimas que fan ben sen mirar a quen.
Este tipo de persoas non é que fagan nada de máis, fan o que deben; pero hai que estarlles moi agradecidos porque dun xeito ou doutro colaboran ó noso benestar persoal e social.

Polo medio de tantas e tantas, tamén as hai de signo contrario.
Existen persoas egoístas de tódalas idades, de tódalas clases sociais e penso que de tódalas razas e cores.
¿Terá que ser así?
Seguramente, porque do mesmo xeito que para valorar o calor hai que pasar frío o para valorar a fartura hai que pasar fame…

Para saber valorar as persoas altruístas que temos nas nosas vidas; teremos que ter algunha egoísta polo medio.

Pero…
Aínda que sempre fora así e sempre segurá sendo así…
Se nos deran a elixir:
¿En que grupo nos apuntaríamos?

Seguramente nos apuntaríamos no grupo dos altruistas e faríamos todo o posible por desterrar o egoísmo da nosas vidas.

¿Qué faremos entonces polos egoístas sen límites?
Eu véxoo algo difícil:
-Facerlle ver os dereitos dos outros a quen non os quere ver: moi difícil.
-Aceptar e sufrir as consecuencias dos seus actos egoístas: tamén resulta moi duro.
-Convivir cunha persoa egoísta igual que o facemos cunha altruísta: tampouco é doado.
-Rezar por esas persoas é algo que podemos facer as que nos confesamos crentes.
-Soportar con paciencia os defectos do próximo, como reza unha obra de misericordia da doutrina católica, tamén é recomendable
-Pedir que nunca, nunca nos falte a paciencia e a resiliencia necesarias para sobrelevar as dificultades da vida, tamén é necesario.

En calquera caso: “estar alerta a velas vir”

“ESTAR ALERTA A VELAS VIR” será o título do seguinte artigo.

Pero antes de rematar este artigo, quero dá-las máis expresivas e sinceras grazas a tódalas persoas altruístas que a vida me pon no meu camiño.

E tamén ás persoas egoístas porque me esninan a ver o mala que é esta “enfermidade mental”.

Seguramente terei que estarlles moi agradecida porque cada día que pasa comprendo mellor que ser egoísta é unha pobreza moi grande.

E, ante todo, terei que empezar por desterrar de min o egoísmo que aínda me queda.
Eso si que será o que máis me costará.
Pero intentareino.
Prometido queda.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES