Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4)

miércoles, 04 de julio de 2018
10. Monte de Meda (San Martiño)
10.1. Cruceiro de San Martiño

X= 610.697 Y= 4.753.285

Está colocado preto da igrexa parroquial. De comezos do último tercio do século XX.
Restaurado. Consta dos seguintes corpos:
Unha plataforma de dous chanzos graníticos: o inferior, de forma paralelepípeda, permanece parcialmente soterrado; e o superior cos dous tramos de forma tamén paralelepípeda mais o inferior e menos extenso que o superior.
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4) Unha base monolítica, que amosa tres partes: a inferior, de forma paralelepípeda; a superior, moldurada, a xeito de bocel ou toro; e ámbalas dúas unidas por unha escocia moi prolongada.
Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Na intersección existente na parte superior entre as seccións cuadrangular e oitavada hai uns resaltes redondeados, que penden das arestas, a xeito de ornamentos.
Un capitel de estrutura moldurada, no que podemos distinguir nunha orde descendente os seguintes tramos coas suas formas correspondentes: un filete; un pequeno tramo paralelepípedo; unha moldura en escocia; e un dobre tramo moldurado en bocel ou toro de diferente extensión.
Unha cruz latina, granítica, de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto. Os extremos da cruz adoitan a forma de cruz florenzada. Na cruz hai unha dobre ornamentación: por unha banda, uns ornatos estrelados nos ángulos, que xorden da intersección dos brazos vertical e horizontal; por outra, na converxencia dámbolos dous brazos, hai un corazón na cara do W.
A plataforma esta deteriorada nun dos tramos do lado Leste. Pola súa banda, a base amosa un pequeno estrago na parte inferior do cara W.,.

11. Mougán (Santa María Madanela de).
11.1. Cruceiro de Mougán

X= 614.222. Y= 4.746.006.
O cruceiro foi construído por Alfredo Lorenzo Rodríguez, ao mellorar de saúde, previa promesa ao Santo Anxo.
Está situado preto do adro da igrexa parroquial.
Esta composto dos seguintes corpos:
Unha plataforma, de estrutura troncopiramidal, con tres chanzos graniticos de forma paralelepípeda.
Unha base de cantería, de forma paralelepípeda cos bordos superiores redondeados (aristas superiores). O lado da base, que da á igrexa parroquial, está ornamentado cunha cruz latina, de cantería, ancha nos seus brazos; na parte inferior desa mesma cara aparece a seguinte inscrición: Ramiro / 1991 /.
Un fuste de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto debido aos biseis das súas arestas.
Capitel clásico, que nunha orde descendente consta dos seguintes tramos: dúas molduras de filete superpostas; un cuarto caveto; un colariño con acanalamentos nas catro caras, sendo o central o máis extenso.
Unha cruz latina, de cantería, de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto; os extremos dos brazos son do tipo de cruz florenzada.
O último domingo de setembro, conmemórase a festividade do Santo Anxo. A procesión circunvala o cruceiro.

12. Pradeda, Santa Eulalia de.
12.1. Cruceiro de Pradeda

Orientación: SE-NW. X= 610.093. Y= 4.751.591.

Situado preto da igrexa mais fora do adro e ao caron dunha estrada local, que comunica diferentes parroquias do municipio.
Está composto dos seguintes elementos:
Unha plataforma, de estrutura troncopiramidal, con dous chanzos graníticos, que amosan un nivel superior máis extenso que o inferior.
Unha base de dous tramos: o inferior, paralelepípedo; e o superior cunha moldura cóncava de cuarto caveto invertida.
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (4) Un fuste de sección cuadrangular na parte inferior, da que arrinca unha moldura cóncava de cuarto caveto invertido; a partir de aí a sección é de tipo oitivada ata chegar ao extremo superior onde volve a ser cuadrangular.
Un pequeno capitel estruturado nunha orde descendente en tres tramos: o primeiro tendente á troncopiramidalidade; o segundo paralelepípedo; e o terceiro moldurado a xeito de cuarto caveto.
“Fronte á entrada do adro hai un cruceiro de granito, que amosa os brazos moi desenvolvidos e tamén unha coroa central”.

Finalmente, unha cruz latina -case grega-, que amosa unha sección oitavada tanto no eixo vertical como no horizontal. Os extremos dos brazos son do tipo de cruz florenzada. A cruz mostra unha coroa central ó redor da efixie de Cristo, que presenta os seguintes trazos: trátase dunha imaxe rústica; desproporcionada con respecto ós demais elementos; a súa cabeza aparece con certa inclinación ao lado dereito; os brazos lixeiramente inclinados tendendo a unha V; os cabelos e as costelas moi resaltados; o pano de pureza no centro; e as pernas paralelas.

12.2. Cruceiro do Cemiterio
X= 610.117 Y= 4.751.558.

Situado no interior do cemiterio de Pradeda.
Nun monolito colocado ao seu carón figura a seguinte inscrición.

“Al Señor Antonio Estevez López en reconocimiento póstumo a su labor para ampliación de este cementerio y de agradecimiento a las casas de Xan da Laxe e D. Eusebio do Pozo por su inestimable colaboración. Pradeda, 15 de septiembre de 2012”.
O cruceiro, construído hai poucos anos (2012), está composto dos seguintes corpos:
Unha plataforma de dous chanzos graníticos. Unha base de dous tramos: o inferior cúbico; e o superior, pequeno tramo troncopiramidal. Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Capitel formado por dúas partes: o inferior moldurado, cóncavo, de cuarto caveto; e o superior, paralelepípedo. Cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos do eixo horizontal e no extremo inferior do eixo vertical, e oitavado no resto. Os extremos dos brazos son do tipo de cruz florenzada.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES