Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No percorrer das follas

martes, 03 de julio de 2018
No percorrer das follas Percorrer a escolla poética de “Folha corrida”, poemario de Sérgio de Castro Pinto, resulta gratificante pola oferta e o estilo que proclama este poeta brasileiro, apostando pola sublime orde de correr folla; de emerxerse nesa grandeza creativa que nos conduce a unha nova orde de selección de seus propios poemas. Particularmente teño certa obsesión polas escollas e preferencias que fan os propios autores en clasificar a súa obra e dala ao prelo como bonanza do que eles gustan da súa propia creación. Realmente non decepcionan pola aportación do que eles queren expresar e escudriñar para un público, basicamente sensíbel co significado do texto. Nesta dirección encontramos ao mestre-poeta, Sérgio Castro Pinto.

“Folha corrida (poemas escolhidos, 1967-2017)”, publicado en 2017 vén a conmemorar o cincuenta aniversario do seu primeiro poemario: “Gestos lúcidos” (1967), até o último publicado: “A flor do gol” (2014), mais de dez títulos ben ordenados e cultivados que fan deste autor, un dos que mais privilexian á poesía brasileira no que diversifica á calidade e a inventiva de vangarda. Neste sentido, remítome ao que dixo da poesía de Castro Pinto, o grande poeta brasileiro, Ferreira Gullar: “São poemas escritos com mestria e senso de humor”, entre outros temarios e matices que mere estudar a obra poética de Sérgio Castro Pinto. Correr folla, neste libro é ir á proposta -sempre de inicios- para sentir a pulsación do que a alma quere dixerir do esplendor desas ofertas que teñen a proxección e a traxectoria da obra dun autor sumerxido en tódolos atributos que pondera a poesía.

Correndo e percorrendo as follas deste libro encontramos ao enxeñeiro e economicista do verso, ao xenio endereitando o seu enxeño. Moitas veces lemos poesía onde No percorrer das follasencontramos ao xenio, mais non o seu enxeño. Non falo de algo flutuante ou sutil, entre o marco que hai entre xenio e enxeño, que se da en todo o que se configura na linguaxe e na expresión formal que revela a poesía de Castro Pinto, como obra maior en varios conceptos. E nesta andada por camiños ásperos da vida, o verso de humor cru que aventoa un ar vibrante e fresco, ben cargado de crítica social e ironía como nos mostra o poema: “burocrata”, do libro: “Domicílio em trânsito”, que di: “um geito botânico / de quem cultiva folhas / de papel carbono. // de quem as enxerta / nos gestos e na fala. // de quem arbora / no caule do silêncio / de quem cala // uma primavera burocrática”. Letor, de diferente alma e de diversa vestimenta anímica, penetre nestes versos co seu diverso estado de ánimo, para tomar conta do que nos depara coas burocracias, devorando existencialidade. Dixerir a boa poesía deste autor é unha boa dose para desconectar coas nosas propias contradicións. Ante a pureza destes versos de Sérgio Castro Pinto, “¿dónde están quienes se erigían en detractores? (Luis Cernuda, dixit).
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES