Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A guerra de Ifni (8)

martes, 03 de julio de 2018
A noite dos morcegos
23 de Novembro do ano 1957

Á tardiña petaron na porta. Daquela vivíamos na rúa Fernández de Lugo. Era o entón Capitán, Gumbao, coa muller (Loly) e maila filla (Elba):
-Se lle poñedes esa tranca á porta..., déixovolas quedar!
-¡Vale! As dúas poden durmir con Xosefina, que a nosa cama é ancha...
-¿E ti?
-Nesta butaca, que peores durmidas tiven.
-¡Iso será se vos deixan durmir os foguetes...!
-¿E ti?
-¡En Tiradores! Hai “Generala” pero non houbo cornetas..., para que pensen que nos collen desprevidos!

Os foguetes comezaron cerca do día; viñan de abaixo, na dirección do cruce das estradas da Praia coa estrada da saída Norte. Xa de día, aventureime a subir á azotea: Parellas da Policía, pero de tres en tres, patrullando as rúas. Desde arriba:
-¿Os puedo preguntar cómo va la fiesta? ¡Ya no se oyen cohetes...!
-Los visitantes sólo llegaron hasta el polvorín del Cruce...
Pero outro, que me coñecía de ir cobrar ao Banco os xiros da familia, corrixiuno:
-No llegaron, que ya estaban allí, en el jardín frontero, entre los arganes... El centinela del polvorín, un paisano suyo, que dijo ser de Bolaño, Castroverde, está herido, en el hospital...

(Eu, para os meus adentros: ¿A quen se lle ocorrería situar unha polvoreira nun cruce de estradas, e para máis estupidez, cun xardinciño fronteiro...?)

O Cabo engadiu:
-Se está organizando un Somatén de civiles, de colaboradores voluntarios... Si le interesa, hable con el Comandante Mena... que ya están reunidos.

Aló me fun, sen demora, consciente de que a nosa Gornición era curta, uns doce mil soldados, para facerlles fronte aos desaforados do Istiqlal, que se chegaran á capital, a Sidi Ifni, iso evidenciaba que xa tomaran, ou bloquearan, os postos de Policía espallados polo interior do Territorio. ¡Non ían atacar polo medio, expostos a quedar cercados, como lle pasou ao General Silvestre, daquela do Rif! Déronme brazalete e fusil; o diploma viría despois. Acredito:
A guerra de Ifni (8)
A guerra de Ifni (8)Do Cuartel da Policía, xa co brazalete e co fusil, fun ao Hospital, para interesarme polos feridos. Nin que dicir ten que preguntei pola sentinela do Polvorín:
¡En efecto, era un rapaz de Castroverde, natural da Fonsagrada, que estaban de caseiros en Bolaño! Pediume auga “Polos seus defuntiños!”. Non lla din porque mo prohibiu o cirurxián que acababa de operalo; pero de coñecer que morrería ao día seguinte, vaia se lla daría! ¡Perdóame rapaz, que cha neguei por facerlle caso ao noso Científico!

Volvín para o Banco, por onde xa pasara antes de ir á Policía. Alí, ata daquela, non houbera novidade. Minutos despois chegaron os da Policía e subiron, para a azotea grande, dúas metralladoras e unha porción de sacos de terra.

¡Inaugurábase a nosa defensa, demostrando que os “chupatintas” sabíamos defender os cartos, fosen dos españois ou dos nativos!

O Banco Exterior de España pediu a Eibar, e mandounos de inmediato, nun dos avións militares, sendas pistolas Star, do 9 curto, para a nosa autodefensa. Nin que dicir ten que me puxen a ensaiar de inmediato, no oasis das “Palmeras”.

Pero o compañeiro, veciño da casa contigua, estreou a pistola disparándolles aos asaltante que lle invadiran a azotea:

¡Tratábase de que a muller puxera a secar unhas pelas de bacallau, e os gatos dos veciños..., pegaban saltos para chegar á tentación! A súa ¿proeza?, digna dunha laureada, pasou ao escudo do noso Somatén; aquí a temos; e no Museo do Ejército, tamén!

A miña gran omisión: Cando nos chegou ao Banco o orixinal daquel cheque de..., ¡un millón de pesetas!, cobrado nas Palmas de Gran Canaria polo moro chivato, aquel que lle anticipou a Rosaleny que nos atacarían na noite do día 23, este ¿periodista? incompetente non lle quitou una foto.

A verdade é que me roubaran a Paxette 2 naquel atentado de Maio, aló en Safí, pero, co sabido sabido, valíame ben a pena mercar outra máquina, ¡aínda que só fose para lembranza e demostración do noso cheque salvador!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES