Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parque e praia de Viveiro

lunes, 02 de julio de 2018
Ó meu benquerido amigo Cal, Concelleiro de Medio Ambiente

Benquerido Cal:
Desde fai algún tempo veño observando as reiteradas críticas que estás soportando pola desfeita do Parque, que non me cabe dubida, coñocéndote, que foi feita coa mellor intención, e que seguro a ti tampouco che gostaría levara a cabo; pero, como vello experto en recibir críticas parellas, convén saber que o falar non ten cancelas- e menos no Facebook- e que cando un atopa un problema enquistado, e que se remonta a responsabilidades de outros, cómpre estirpalo, ainda que iso sexa impopular e aparezan agora os “xeniales” salva parques- tamén salva patrias- que sempre pululan ante una situación similar.

E vou ser moi crariño con todos ises esbardalleiros de Facebook e similares: O Parque, igoal que a Praia, veñen sendo atacados desde fai moito tempo. E todos estabades caladiños. Porque apenas hai constancia escrita de ninguna queixa de cando se eliminaron o estanque, a fonte, o merendero, o escudo, os servicios, as mesas de madeira- sustituidas polo formigón con que estaba feita a cachola de certo alcalde- e moitas outras cousas. Ningúen protestou porque se fixera un edificio na curva que baixa ao campo de fútbol e que por “casualidades da vida” as árbores do Parque máis próximas apareceron enfermas.

Por certo, un novo delito sen esclarecer. Todos sabemos que o deterioro do Parque foi progresivo durante moitos anos. E iso ten tres solucions:
deixalo morrer, venderllo a unha constructora-sempre hai algún paxaro disposto a mercalo- ou operar. Ti, i eu agradézocho, optaches pola operación. Cecais non atoparas o mellor ciruxano, pero tampouco é doada a colaboración para unha operación menos agresiva.

Mira, meu benquerido Cal, a xente é moi veleta e ises que agora tanto che reprochan, cecais mañá se dían conta de que esa intervención e outras para mellora-lo Parque sexan precisas. E ata aplaudan a túa decisión. Son os vaivéns da masa, igoal que a marea, por iso ben sabes que o Parque pertenece ó Pobo e ninguén, niste intre, é mellor responsable dil que ti.

Coa Praia pasa algo parecido: Nos primeiros anos de Antena 3 en Viveiro, antes de facer o novo porto de Celeiro, discutía, quen esto escribe,co seu amigo Alonso, o director da radio, da pésima ubicación do novo Porto e as consecuencias negativas que suporía para a Praia. Pois ben, Portos, que son os que mandan- mal de carallo, pero mandan-, colocáronno alí e aínda despois houbo que facer o Espigón para dar salida ó Rio. Botáronlle a culpa á presión dos armadores, pero o estudio das corrientes, a erosión e toda isas cousas que deberan sabe-los técnicos, pasáronnas polo arco do triunfo.

Os armadores que eu saiba, como homes de mar, poden opinar, mais as decisións han tomalas os técnicos de Portos. “ Éxito “ criticado nas aulas de estas materias, pero aí está agora o porto para… a eternidade.

Despois, a Praia sigue o seu deterioro. E aquela área fina da nenez, convirteuse en moura. Os carneiros, as navallas, os longeiróns… e ata os camaróns dos Castelos pasaron a pior vida. Ata apareceron, perto do Cembedo, dunas e máis dunas, que calquer día vende un “xenio”, disos que nos gobernan en determinadas instancias, dando un novo pelotazo como o de Geriatros, e xa temos fondos buitres. Coma si en Viveiro non tivésemos abondas alimañas.

As protestas do que pasaba na Praia eran escasas i eu deixei de ir a ela porque me daba pena e noxo. Aquelo en nada se parece xa ao areal da nosa nenez. Nin Praia nin Parque.

Gustoume moito cando se creou a plataforma de “ Salvemos a Praia de Covas”, pero ista só se creou cando viron en perigro as casas. Nunca é tarde, pero cómpre dicir que o problema xa era moi vello.

Volvendo ás críticas. Tanto criticón sin argumentos debera non facer o caldo gordo a aqueles que son os verdadeiros responsables: Antes de estar, ti, Cal, no Concello, xa houbo outras corporacións arboricidas que arrrasaron cos Xardíns, coa Praciña, coas árbores da Praza, da Feira, de San Francisco… Todos sabemos tamén que Costas é un organismo, aparentemente estatal, pero as órdenes de Feijoo, e tamén sabemos que non vos axuda en absoluto a resolver problemas. Máis ben queren creárvolos. Pola súa banda a Portos, igoal que a súa irmá Costas, xa os vemos no Muelle.

Si tivesen un mínimo de respeto ó Concello, se non buscaran trampas para retrasalo, se non fosen uns funcionarios tiralevitas que se rien de vosoutros con impunidade- deberades de denuncialos- fai tempo que se houberan tirado os galpons. Volveranvos, nas próximas eleccións, ises servis acólitos que son incapaces de dar un só argumento contradicindo o que che levo escrito, e han dicir que se os votan a iles tiran os galpons. E con iles virá ó Amigo de Marcial Dorado a contar novas milongas.(Por certo, din as “malas” lingoas que non se presentou para sustituir á Raxoi para que non lle levanten as alfombras).

Isa é a tropa con que che toca lidiar, benquerido Amigo, e ti sigue coa túa fortaleza e bó ánimo e recorda sempre que para falar hai que ter argumentos, e ti telos e enemigos dista calaña tamén, porque molestan os que falan claro, actúan limpamente e traballan arreo polos demáis. Diferencia sustancial cós que escollen amigos como Jaume Mata, Rodrigo Rato e demáis jarca.

Sempre canda ti, porque sei que eres un dos mellores viveireses que coñezo. Estouvos agradecido.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES