Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As empresas e os estudios superiores

miércoles, 10 de octubre de 2007
Que lonxe aqueles tempos nos que un título superior abría as portas do emprego ó titulado, case sempre home, que co título baixo do brazo levaba o pan garantido de por vida. Era o tempo en que as universidades eran moi poucas, poucos tamén os que tiñan acceso ós estudios superiores, e o paro dos titulados era descoñecido.

Aumentaron os Campus, fíxose fluído o acceso de alumnas e alumnos, co conseguinte aluvión de titulados, e de acordo coa Lei da demanda e da oferta, os universitarios seguiron mantendo – ou elevando- o nivel de formación, pero a garantía de emprego desapareceu.

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ven de editar un estudio feito polas tres universidades de Galicia, e o resultado – por realista- chama a atención, xa que nas pemes galegas – de 10 a 249 traballadores- só o dez por cento dos traballadores ten título universitario. E o sesenta por cento destas empresas non ten ningún titulado.

Se a pequena e mediana empresa, que é o noventa e cinco por cento do tecido empresaarial do país, non acolle universitarios, a saída etá clara: A Administración, o ensino, a gran empresa (pequena en número en Galicia) ou as aventuras autónomas. Ou o subemprego, sen ter en conta a formación teórica conseguida en cinco anos de estudio.

Despois deste estudio imponse a reflexión, e un novo estudio entre a Universidade e as empresas, para ver quen falla: Se os titulados na súa formación, a Universidade nas titulacións impartidas ou as empresas en infraestructura e organización. Ou algo de todo.

Algo falla. Investiguemos, polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES