Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alsanca

martes, 09 de octubre de 2007
Alsanca é o nome de guerra de Alfredo Sánchez Carro, home da información, da política, dos Ancares e da Muralla, entre outros mesteres, retirado dalgún deles pero doblemente activo nos demais.

Nos 60 foi Delegado de Información y Turismo, e daquela inventou o slogan “Y para comer, Lugo”, que deu a volta a España moitas veces, e proporcionou á provincia incontables beneficios.

Corenta anos despois, a Asociación de Empresarios de Hostelería adopta de novo, galeguizándoa, esa bandeira gastronómica para facer campaña no exterior dunha das maiores riquezas lucenses. Excelente triunfo para Alfredo, do que me alegro.
Hai uns anos, Sánchez Carro inventou unha Asociación de Amigos da Muralla na que me integrou e, de paso, outro slogan que algúns xulgaron desproporcionado: “Para murallas, China y Lugo”.

Pois neste San Froilán celebrouse ceremonia de irmandade entre Lugo e China, precisamente tendo como centro as dúas murallas, a inmensa de máis de seis millóns de metros de lonxitude construída nos límites do imperio chino para a defensa do seu territorio e a máis modesta pero igual de fermosa, de pouco máis de dous mil metros, que une o Lugo antigo co Lugo que foi medrando á súa beira, como unha coroa milenaria.

Haberá que prestar máis atención ás ideas de Alfredo. Porque unha máis como estas dúas, e -a pesar de que a súa cor agora non se leva- nómbrannolo para algún cargo importante.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información