Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internet para todo

martes, 09 de octubre de 2007
Chóvennos as novas sobre Internet. Todos os días hai algunha que nos fala da presencia na Rede nun aspecto das nosas vidas, na organización das institucións, no control dos macroorganismos que gobernan a nosa existencia, non faltando como contrapartida outra noticia que veña dicirnos que Galicia ocupa os últimos lugares do Estado español en canto a usuarios de Internet.

Accedemos tarde ás vías de comunicación, e a Nacional VI retrasou a súa entrada neste país un tempo dilatado, o mesmo que a Autovía 6, xustificado polas dificultades orográficas que ou impedían salvar distancias entre os montes ou afundían as novas estructuras nos solos movedizos da Terra Chá.

Chegaranos tarde o Ave, cando chegue, fiándonos de promesas preelectorais que queremos crer como mal menor.

As viaxes en avión con facilidade redúcense á parte máis occidental, con aeroportos na Coruña, Santiago e Vigo, quedando o resto para un futuro lonxano no que non haberá máis remedio que atender as demandas da Galicia do leste.

¿Cómo non vai chegar con retraso Internet cando o rural galego ten gravísimas carencias de liñas telefónicas necesarias para un servicio normalizado?.

En tanto, Internet segue de actualidade, aínda que sexa para dicir que están aparecendo na Rede licenciaturas falsas con falsísimos títulos que se venden por 250 € para satisfacción de crédulos e estafadores.

Internet para todo, ata para a estafa.

O único que nos tranquiliza é que, se somos os últimos, tampouco estas estafas van afectarnos de xeito importante. Ou máis ca ninguén, porque Internet tamén abre os ollos hacia o mundo e nós empeñámonos en seguir téndoos pechados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES