Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saber perder

jueves, 28 de junio de 2018
Perdóeme se lle digo que á maioría das persoas, por non dicir todas, preferimos gañar que perder.
-¿A quen non lle gusta gañar?
-A ninguén.
Pero moitas veces: perdendo, gáñase.

Saber perder ten a súa “ciencia” e moito mérito por parte das persoas que saben ceder a cambio de algo mellor.

Vexamos varios exemplos da vida cotiá:
Estamos entrando por unha porta un grupo de persoas. Todas a un tempo non cabemos.
¿Que é mellor?
-Adiantarse para ser o primeiro en entrar, ou ir por orde e incluso ceder o paso a unha persoa maior, a unha señora embarazada, a unha criaturiña pequena…
Unha persoa ben educada cederá o paso, sabe perder.

-Cando estamos varios sentados a unha mesa e serven a comida en fontes:
Unha persoa ben educada collera cando lle toque polo seu lado aínda que lle guste máis o bocado do outro lado.
Saberá comportarse aínda que teña que perder dos seus gustos.

-Cando se trata de repartir unha herdanza e o testador non deixou as cousas ben claras ou aínda que as deixara:
¿Será mellor ceder e te-la festa en paz ou trixar unha ou varias xeracións?
Ó meu entender é mellor “te-la festa en paz” aínda que saias perdendo.
A longo prazo sempre saes gañando.

-No caso dunha acalorada discusión:
¿Será preferible calar e esperar mellor ocasión, aínda que a razón nos asista, ou “erre que erre” para defende-lo que consideramos noso dereito?
Cando estamos acalorados non é o mellor momento para aclara-las cousas. Moitas veces, para conserva-la convivencia pacífica entre persoas moi próximas, é preferible perder.
Xa din alí: “Dous non reñen se un non quere”

-Estamos xogando ás cartas e levamos varias partidas perdidas porque non nos veñen as cartas, porque non sabemos xogar tan ben como o contrincante ou porque nos fixeron unha mala pasada.
¿Qué é preferible levanta-la voz, dar un puñetazo na mesa, dicir catro disparates ou tomalo con humor e un sorriso?
Unha persoa que saiba perder, bótalle humor á cousa e: “aquí non pasou nada”.
A convivencia é un ben superior a gañar ás cartas.

TAMÉN É BEN CERTO QUE HAI OCASIÓNS NAS QUE HAI QUE LOITAR ATA CONSEGUI-LOS OBXECTIVOS.
POR EXEMPLO CANDO SE TRATA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS DAS PERSOAS, DOS DEREITOS HUMANOS.
Pero noutras moitas ocasións da vida cotiá non ocorre o mesmo.
Son detalles pequenos que non teñen máxima transcendencia.
Como hai persoas moi egoístas, que nunca saberán cmportarse…
Mellor ceder.
Ó que che pida a túnica, dálle tamén a capa, di o Evanxeo.
Eso si: que a propia dignidade nunca se vexa tocada.
Por algo é tan certo aquelo de: “EN LA MESA Y EN EL JUEGO SE CONOCE AL CABALLERO”
¡¡¡Que pouco nos fai falta para dicir quen somos!!!
Moito nos queda por aprender…

Hai quen prefire que toda a comunidade se acomode á súa necesidade particular.
Incrible.
¡Ata onde chega o egoísmo dalgunhas persoas!
O noso egoísmo di moi ben que tipo de persoa somos.

“EGOÍSMO SEN LIMITES”
Este será o título do seguinte artigo.
Grazas a todas aquelas persoas, que son moitísimas, que actúan con xustiza e a veces incluso saben ceder a favor da convivencia e da paz.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES