Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED sénior oferta tres novos cursos de arte e literatura.

sábado, 23 de junio de 2018
A UNED Sénior e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma CulturaliaGZ porá en marcha a realización de novos cursos de poesía, literatura e arte para o próximo curso.

O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán quenes coordinen as clases e obradoiros destas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia e os seus componentes.

Os cursos previstos son un obradoiro de poesía co título POEMAXE (combinación de poesía e imaxe); un obradoiro de narrativa co título O MICRORRELATO (a condensación da palabra), e un curso de pintura e artes decorativas (a emoción reflectida a través da cor).

As preinscricións e información poderánse até o 15 de setembro nos seguintes correos:
info@culturaliagz.com, dosvilares@gmail.com, coordinadorunedsenior@gmail.com, ou tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de soños.

Os obxectivos destes cursos é que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos relacionados coas disciplinas mencionadas.

A finalidade dos mesmos é a creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES