Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subirán as pensións non contributivas

lunes, 08 de octubre de 2007
Qen non pertence ó mundo da política ou da administración, pode pensar que os temas se solucionan dun plumazo, e que se poden tomar solucións drásticas por parte dos que detentan o poder. Sen embargo, os gobernantes teñen as mans atadas polos Orzamentos, que deciden que cantidades se gastan en que conceptos, sen poderse sair do marco establecido.

Pódese pensar que o tema das pensións, contributivas ou non, se soluciona cunha disposición oficial, pero fai falla que calquera incremento estea contemplado, e que haxa unha dotación económica prevista.

Por eso é importante a redacción dos Orzamentos. Por eso hai que ir pouco a pouco en calquera aumento como o que agora se pretende.

Segundo o Vicepresidente Quintana, as pensións non contributivas van aumentar un cinco por cento polo menos, o próximo ano, como primeira medida para ir avanzando no incremento das pensións máis baixas.

Parece un incremento pequeno, e sen embargo é un esforzo importante no camiño de ir mellorando a situación dos máis desfavorecidos, que é á que hai que concederlle maior urxencia.

Estas son as pequenas cousas que van facendo patria, e van solucionando pouco a pouco pequenos problemas. Que son os verdadeiramente importantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES