Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A guerra de Ifni (6)

martes, 19 de junio de 2018
As verduras do noso cocido.
Antecedentes.

Comecemos polo desastre de Annual. ¿10.000 mortos, 13.000? ¡Só Alá o sabe, pois, entre mortos e desaparecidos, non houbo forma de contalos! Pouca xente para tanto terreo, e encima A guerra de Ifni (6)diso, mal armada, mal instruída, e peor mantida.

O General Silvestre ¡iso, silvestre!, boa persoa pero, un inculto: A primeira foi facerlle caso a D. Alfonso, que lle mandou avanzar sen limitacións... “tranquilo, que yo mandaré a tu retaguardia recursos abundantes”. A outra foi a súa ignorancia de que o verdadeiro interesado nas minas do Rif non era España senón dous españois, D. Álvaro de Figueroa (Conde de Romanones), e mailo seu cómplice D. Juan Antonio Güell. O señor Silvestre esquecera, e iso que estaba recente, que os militares perderan América por moito abarcar e pouco apertar!

O pacto ¡frustrado! entre Don Hermenegildo e Hitler para que os alemáns nos obsequiasen co Marruecos francés, foi imperdoable para Francia, e dun xeito especial para De Gaulle, rancor que chegou ata a protección que tiveron os galos cos nosos etarras.

A existencia dun Tanger, onde os Ministros compraban aquilo que non podían traer do estranxeiro.

Don Hermenegildo, que encima de levalos a Covadonga, no 36, e de facilitarlles a subida ao Sétimo, ao das hurís, sentíase obrigado a pagarlles os servizos da súa escolta persoal.

Cando Francia mandou a Mohamed V para Madagascar, don Hermenegildo enfadouse moito, e a A guerra de Ifni (6)partir de entón os ¿profesores coránicos? cobraron, ensinaron, e refuxiáronse en España. En Ifni cobraban 1.000 pesetas mensuais facendo de..., de profesores coránicos! Pero como Roma non paga a traidores..., tempos virían para a súa cobranza en especie!

Os bidóns do noso aceite en Ifni: ¡Foron utilisímos para pagarlles aos nosos espías, que os levaban ata a fronteira, e desde o alto, a roulón, baixaban ao Marrocos francés! Aquela espionaxe non valía un can, pero o aceite era boísimo, e por ende, rendible.

Neste mesmo almacén tiveron as armas da sublevación os Boaida e Cia., dentro de sacos rotulados como “azúcar pilón”, que llelos deixaron desembarcar as nosas ¿autoridades?, máis cegatas cá Cega de Gondel, aquela do violín.

Como o noso irmandamento era incuestionable, só esixía man aberta para os catro ¿notables? Facelos ricos, por suposto, que así tirarían do cordel suxeitándonos aos levantiscos, que, como cabe supoñer, eran os seus, os das clases baixas. Pero a súa notabilidade consistía en ter, eles, forza e cartos para que nos acometesen as súas “cabras”..., ¡cando chegase a ocasión propicia! Mal podíamos decatarnos diso porque..., ¡alí en Ifni non había un só español que soubese arabía, que soubese e puidese escoitar!

O bordel das nativas converteuse nun centro de espionaxe, tanto, que cando chegou Zamalloa ordenou substituílas por profesionais de Canarias, levadas en dous Bristol. ¡Inocencia española, Presente!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES