Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á procura do ben común

viernes, 15 de junio de 2018
Hai economistas así: fan a economía accesible. Con preguntas retóricas de fácil respuesta: para que serve a economía se non axuda á xente?

Escribe o premio Nobel Jean Tirole, economista pedagogo, que despois do brutal fracaso económico, cultural, social e medioambiental das economías planificadas, a economía de mercado é o modelo dominante. Pero a victoria neoliberal que salva a unha minoría é rexeitada pola xente do común que non acepta a súa desapiadada inxustiza, a brutal desigualdade e o aplastamento dos valores humanistas. E converte o mundo nunha mercadoría.

Á xente preocúpalle a equidade, o poder adquisitivo, pagar as facturas, o medio ambiente, o traballo que terma das vidas, a seguridade. Pode ter boa ou mala saúde, nacer nunha familia rica ou pobre, instruida ou pouco cultivada, e por iso o ben común precisa de institucións que concilien o interés xeral co particular garantindo dereitos de todos. Así, o dereito á sanidade protexe dunha mala xenética ou da enfermidade. O paraugas da educación acubilla fronte ás diferencias familiares. Dereitos humanos, democracia e liberdade protexen fronte á tiranía.

Hai bens comúns que pertencen a todos, mesmo aos que non son da familia humana, como a terra, o aire e a auga, o patrimonio natural, histórico o inmaterial, o animais, as paisaxes.

A economía non pode ser couto privado dos poderosos. Non está ao servizo dos bancos, multinacionais e grandes corporacións, intereses individuais ou propiedade privada. A economía, di Tirole, está ao servizo do ben común e o seu obxectivo é construír un mundo mellor. Por iso o papel dos economistas non é refuxiarse no seu castelo mediático e no seu barallete para lexitimar políticas contra o ben común. Teñen a obriga de ensinar á xente porque cunha información sesgada aparecen fenómenos como o Brexit, Trump, secesións dos ricos ou movementos extremistas que explotan o descontento e ofrecen receitas populistas a problemas complexos.

A tecnoloxía, a revolución xenética fainos máis ricos pero aumenta a desigualdade. A economía dixital está a cambiar o mundo rapidamente polo que cómpre defender aos traballadores e non a empregos que van cambiar ou desaparecer. Protexer ás persoas coa renta universal, con seguridade social, con sanidade e educación públicas. Con formación permanente para aprender novas habilidades e enfrontar novos retos. Hai que ensinar a aprender. Pensar é o máis importante: os coñecementos son accesibles nas redes.

As novas tecnoloxías están a cambiar o mundo pero o perigo é a que a creatividade quede nas mans duns poucos países ou dunha élite. A innovación xera emprego de calidade pero abandona a súa sorte aos prescindibles. Por iso a economía non é unha ciencia para exquisitos senón camiño viable cara ao ben común.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES