Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Carballo

miércoles, 13 de junio de 2018
Fai pouco pasóu polas miñas mans un libriño coa biografía de María Victoria Moreno (Letras galegas, 2018) no que figuraba unha cita súa na que dicía: "Se contas unha vida, sempre quedan fíos pendentes".

Seguramente hoxe queden moitos fíos sin atar, pero a nosa intención foi que quedasen os menos posibles, ainda que somos conscientes de que a vida de Xosé Manuel da para tecer moito.

Aquí estamos tod@s os que actualmente formamos o grupo de teatro BALUROS, do que Xosé Manuel foi o fundador, e recordamos con agarimo aquelas reunións que tiñamos para os ensaios nas que él sempre nos dicía que, tanto no teatro como na vida real, hai persoas e persoaxes máis ou menos lucidos, pero iso non quere dicir que uns sexan máis importantes que outros. Si todos eles non se coordinan, a representación non sería posible.

Hoxe tocounos representar un papel ó que non estabamos afeitos: organizar este evento xunto cos nosos compañeiros do grupo de gaitas VALUROS . Pero, por primeira vez, Xosé Manuel non estivo ó frente, animando, aconsellando, organizando... é, como non, tamén botando algunha pequena bronca que sempre se resolvía con risas...

Xa antes do seu pasamento decidimos que era de recibo renderlle homenaxe a unha persoa que tanto fixo pola cultura da Comarca Chairega e que quixo tanto á sua terra e as súas xentes...

Impoñía un pouco dar este paso, pero abofé que resultóu ben doado, xa que casi non fixo falla pedirlle colaboración a ninguén. Cada unha das persoas que hoxe nos acompañan nesta homenaxe, foron pedíndonos, un por un, que lles deixásemos participar.

Por éso, hoxe temos que dicir:

GRAZAS, MONSEÑOR ÁNGEL DE LAS HERAS, Bispo da nosa Diócese. Grazas polas súas palabras e por honrarnos coa súa presenza!!

GRAZAS, XULIO XIZ, coordinador de este evento. Grazas porque dende o primeiro momento en que falamos contigo, puxécheste a traballar arreo para que este día fose perfecto.
Quedas para sempre no noso corazón, pois agora sabemos que non só eres amigo dos teus amigos, sinón tamén dos amigos de teus amigos.

GRAZAS a todo o grupo de colaboradores: poetas, escritores, artistas... ós que lles faltóu tempo para dar todo e moito máis do que lles pedimos.

GRAZAS Á FUNDACIÓN TIC DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, que voluntariamente se prestóu para grabar este evento e que, deste xeito, quedara para sempre na Historia do Concello.

GRAZAS Ó CONCELLO DE CASTRO DE REI, representado polo noso Alcalde,
FRANCISCO JAVIER BALADO, que dende o primeiro momento deunos carta blanca para organizar, facer e desfacer á nosa maneira.

GRAZAS tamén a todo o EQUIPO DE GOBERNO do Concello que, por maioría absoluta aprobóu que este Centro Cultural levase o nome de Xosé Manuel Carballo.

GRAZAS A JAVIER RODRÍGUEZ FOUCE, Párroco de Castro de Rei, que chegóu aquí coa difícil tarefa de sustituir a Xosé Manuel, pero que, en pouco tempo, gañóu o cariño e respeto dos feligreses, e hoxe é un máis de nós.

E, como non!!!... GRAZAS Á FAMILIA DE XOSÉ MANUEL CARBALLO, que en todo momento nos apoióu e nos facilitóu a documentación que necesitamos.
GRAZAS A TOD@S... DE CORAZÓN!!

Xa remato dicindo que, como de tod@s é sabido, "Detrás dun gran home, sempre hai unha gran muller", é iste caso non ía ser a excepción.

Esa muller da que estóu s falar, é FÉ CARBALLO!!
GRAZAS FÉ, porque sin tí, seguramente Xosé Manuel non sería a persoa que foi... sempre camiñando ó seu lado: no bon e no malo, na saúde e, como non, tamén na enfirmidade...

Pero, como supoñemos que él xa che deu as grazas moitas veces, a nós soio nos queda decirvos, a tí e a toda a familia: cuñado, sobriños e "netiños", como él lles chamaba, PERDÓN!!!.... PERDÓN por tantas horas de estar con él que vos roubamos!!!

É, a única maneira maneira que se nos ocurre de darvos as grazas, é con este forte aplauso!!!

(Con fortes aplausos foron acollidas as palabras de Araceli Galán, membro dos Baluros e da organización do acto no que se lle deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro cultural de Castro de Rei)
Galán, Araceli
Galán, Araceli


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania