Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por unha Galicia sostible e legable

miércoles, 13 de junio de 2018
De todas as manifestacións ás que fun (a moita honra), gardo unha especial: á que asistín na praza de Conde Fenosa en Portomarín. Corría o ano 2008 e Portomarín viuse ameazado polo vertido de lodos nas fosas do monte comunal destinadas ao almacenamento de xurro. Os lodos ían destinados a ser botados nas leiras, o que derivaría nunha extenuación produtiva. A cousa foi a máis e chegouse a proxectar o establecemento dunha planta de lodos no Concello, ante o que se puxo en marcha unha campaña de recollida de firmas xunto con outras iniciativas como a citada manifestación.

A cousa foi quedando en nada a pesares do que había en determinadas balsas. A mobilización forma parte da historia de Portomarín que viviu un pleno tenso no que se oíron as voces contestatarias da praza de Conde Fenosa. Anos despois, atopámonos coa Mina de Corcoesto e, actualmente, a de Touro en contra da que houbo unha manifestación o pasado día 10 en Compostela.

Se recuamos no tempo, podemos citar Castrelo do Miño, a loita de Xove contra a central nuclear, a loita de Baldaio pola praia, a loita das Encrobas contra a mina que as asolou ou a loita contra as celulosas (peideiras) que finalmente só conseguiron instalarse en Pontevedra pero que a día de hoxe, ven renovada a concesión...

A loita sempre é a mesma e o poder sempre consegue cegar ao pobo cun falso progreso económico insostible que beneficiaría a unha minoría a costa de arrasar o porvir xeracional.

En cambio, deixámonos cegar pola soberbia e pola febre dun diñeiro rápido que nunca trae o verdadeiro porvir. Non somos capaces de arrancarnos a venda do egoísmo que nos tapa os ollos para afrontar un futuro ventureiro. Por iso, estas reivindicacións fanse dende unha minoría que loita.

Ten que chegar o día en que sexamos capaces de arrancar de nós o curtopracismo para legar futuro de verdade, un futuro que ven da man da capacidade crítica, da cultura e da educación e do mantemento dunha terra fértil que nos fixo ricos por xeracións e que non temos dereito a extenuar por avaricia, legando un ermo insostible . Daríame vergoña deixar esa Galicia, por iso pido unha Galicia sostible como matria dun futuro que nos prolongue no curso da historia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES