Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Censura

miércoles, 06 de junio de 2018
Sei que non vou ser orixinal ao falar da tan traída e levada moción de censura pero necesito unha catarses logo de aguantar ao pe do canón toda a sesión parlamentar que apartou ao PP e xa que logo ao seu presidente M. Rajoy do goberno deste país. Só prtendo dar a miña opinión global do visto e oído. Quero dicir, para que o teñan vostedes claro que non aspiro a ser obxectivo no meu comentario, en realidade ninguén o é: estou ledo porque o PP non estea no goberno. Pretendo, iso si, moverme dentro dunha honesta subxectividade.

O goberno pasou dun estado de non disimulada eufória coa aprobación dos presupostos, a verse 48 horas despois, logo da sentenza do caso “Gurtel”, diante dunha moción de censura que puxo fin a tanta mentira esgrimida e programada, a tanto latrocinio, a tanta prepotencia a tanto encherse co nome de España como se España fose só patrimonio só dunha parte. Esta moción de censura, baixo o meu modesto punto de vista, estaba máis xustificada cas outras dúas outrora presentadas. É un mecanismo autenticamente democrático que sae adiante cando a maioría da representación parlamentar a apoia. Que o PP sexa a forza máis votada non significa que teña maioría no parlamento. Así de simple.
Censura
O PP defendeuse como poido: insistindo nas mentiras, poñendo en cuestión as decisións xudiciais do caso Gurtel logo de cansarse dicindo antes: “deixemos que os xuíces decidan”, poñendo a tope de marcha o ventilador e machacando no “y tú más”. O seu portavoz, na segunda sesión, saiu a morder cun odio patente reflictido no seu rostro (vexan a foto de Javier Zizón da Axencia EFE), tanto que alguén chegou a retratalo coma un “matón de barrio con soldo oficial”. O PP non resistiu a sentencia do caso “Gurtel” que lle dou a puntilla e daqueles ventos, estas tempestades. E o que aínda queda por ver.

Logo está o tema das alianzas que poden soar a pactos “contra natura”, pero o PP semella esquecer cando Aznar falaba catalán na intimidade, cando necesitaba aos nacionalistas do 3% para gobernar, aqueles que dician aquilo de “España nos roba”, aqueles que a Aznar lle parecía que non desexaban romper España e que definía a ETA coma “Movemento de Liberación”. Pois os Puigdemon, os Mas, Quin Torra e compañía son fillos daquel Puyol co que Aznar falaba catalán na intimidade, xa ven. Por outra banda un pode estar en desacordo total cos plantexamentos de certas forzas políticas que teñen representación no Parlamento pero do que non cabe a menor dúbida é que foron elixidas democraticamente, que non están aí de invitados. Estou case seguro que non esperan case nada de Pedro Sánchez respecto a que vaia a facilitar procesos de independencia, acaso algun compromiso puntual para mellorar certos acordos económicos ou de transferencias que consoliden o goberno autonómico dentro da estructura do estado Español. Non creo que vaian moito máis aló. O tempo dirao. No fondo de toda esta cuestión estaba darlle porta de saída a Rajoy e ao seu goberno. O si a Sánchez resultaba ser un non a M.Rajoy. E así foi.

Quizais sexa bo ir acostumándonos de aquí en adiante a gobernos de cohalición desaparecido o bipartidismo. Albergo a esperanza que os partidos de esquerda por fin poidan chegar a acordos, que se rompa ese estigma de que as esquerdas nunca se entenden e que a política serva realmente para mellorar a vida das persoas, non dunhas poucas persoas.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES