Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A peculiar Feira do Viño de Vilachá

martes, 05 de junio de 2018
A cultura do viño e a promoción do mesmo ten en Vilachá de A Pobra do Brollón, un dos espazos mais especiais onde se celebran estes certames da Ribeira Sacra. Neste lugar ribeirao, non lonxe dos canóns do Sil, celebrouse o pasado 5 e 6 de maio a XXVII Feira do Viño, converténdose nun dos activos mais interesantes que conta con diversas frecuencias de interese e entusiasmo, no que incumbe á promoción dos viños de Brollón e, tamén, degustalos. A interesante oferta que se fai nesta feira, con unha connotación cultural de elevado nivel, pola expresión de festa A peculiar Feira do Viño de Vilachágrande musical, que este ano converteuse en feliz acontecemento pola transmisión en directo da tvg, nun escenario moi propicio, agrandando todo o que se desenvolve na presentación e oferta da produción vinícola, que os nosos viñateiros, ou colleiteiros, elaboran con fervor e, sobre todo, revivindo a tradición desa cultura milenaria que practicaron e espallaron beneditinos e cistercienses e que aínda persiste o albor da tradición que amaron os nosos devanceiros. O deles, un traballo arduo, moi sufrido e misterioso, que semella mais a un rito sapiencial que a un traballo ben pago e compracido. Ao final é velo honrado nesta feira, o mítico líquido de Baco, que aporta encantamento a quen fai festa báquica, neste fermoso lugar.

Mais o peculiar desta demostración a fai distinta a tantas feiras do viño que se fan na Ribeira Sacra no mosaico urbano, con casetas ou mostradores artificiais que non propician unha atracción natural como a que se respira en Vilachá. Nesta delicada chaira aglomérase un conxunto de adegas, ben sombrizas e ben ventiladas, por eses áticos carballos e arqueadas rúas onde se ergue unha delicada arquitectura labrega, harmónica e ben tecida, composta por lascas de xisto e con teitume de lousado, onde o brión luce seus resplandores. Estas son as adegas que conforman un espazo funcional e lúdico. O viño está en cada unha das adegas, mesmo nas cubas e pipos, fresquiño e ben acomodado para servir sen o remover e trasfegar. O viño estas adegas de Vilachá é único e pletórico. Os atraídos visitantes transitan por estas estreiras rúas, ao lado dun silencioso regatiño que decora e circunda as adegas, lonxe da poboación. Cada unha desas adegas é un especie de santuario dionisíaco onde o viño, elevado a ritual, da benvidas aos peregrinos que entran e saen destes pequenos templos, fancendo amizade nos bebes e comes. Esta feira harmoniza mercadoría e a festa late co rigor dos tempos nosos de antano que non esmorecen, para que o prodixio da terra labrada e farturenta dos froitos das videiras, continúen vivas no respiro e no eloxio festivo de Vilachá.

A feira do viño de Vilachá débese ao esforzo dos produtores vinícolas, é verdade. Mais sen a coordinación tan puntual e tan ordenada que parte do goberno municipal de A Pobra do Brollón, e que ten conciencia de país e da cultura que respira este concello, en moi diversas temáticas tradicionais que emerxeron grazas a un proxecto sólido que recobra importancia en varias festas con impacto, como é a do Oso de Salcedo. O consistorio municipal sabe moi ben que recobrar a memoria dos nosos devanceiros, ademais de un deber e unha maneira de anular o silencio que tanto impera en certas institucións tan ávidas en destruír a nosa identidade para impoñer a foránea. A Pobra do Brollón está recobrando interesantes tradicións materiais e inmateriais. A sensibilidade recobra a importancia que merecen esas adegas de Vilachá e outros espazos que engrandecen a este municipio de nutridas paisaxes bañadas por fermosos e suculentos ríos.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES