Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XLVI Semana de Música do Corpus de Lugo (2)

lunes, 04 de junio de 2018
Luns, 28 de maio. Casa do Saber da USC. Hora 20,30. Massimo Spadano, violín.
Fernando López Pan, clave

Apreciacións sobre a BWV 1017, Sonata para violín e clave de Johan Sebastian Bach.

Sic transit gloria mundi.
Musica donum dei

Infártanse as notas no corazón suplido pola infinitude que baixa vernos, notas aclaradas en beleza que acode sen querer aos nosos adentros nunha melancolía inigualábel, madame descriptiva de soidades.

Bach ou as namoradas súas son as que en vestimentas de gasas e silencios, apaxan a soidade e báixanse unhas veces amodo, devagariño, e outras alíxeras na situación atípica dos acordes, brandindo a bisarma da nostalxia e a alegría uniformadas con eses vestidos dos amores barrocos de Bach mezclados cos seus pensamentos de brancura, na luz do seu pensamento creador e íntimo..

Spadano, Massimo artífice, desdobrado como unha fotocopia de Bach, descobre esa loita irreal entre o clavecín e o violín, rimados de dudas e atardeceres ata chegar a un adagio onde repousan os deuses e as deusas despois do traballo ímprobo da redención dos pecados dos oíntes.

Edén, verdor do deserto acompañado de doces pasteis e auga fresca e leite frío de camela cumprindo noites de sensacións e de ledicias, nun pequeno espazo de sosego.

Mais volve un allegro invicto e rápido coma o vento escanciado no escondido da verdade e do home, arroupado de músicas e anoiteceres, nun banquete de comidas exquisitas e delicadas, e licores de xaropes acaramelados que van provocando unha ebriedade de notas e de acordes sumos, en ringleiras de soidades e de respostas travesas, como pequenos que rifan na noite sobre a beleza e a dozura dos seus adentros.

Luz de luz entre o silencio, o corpo de algas e o leite da verdade soben e baixan na situación na que se atopan esas notas tan delicadas, sutiles e delicuescentes.


(Escrito mentres se escoitaba aos dous mestres)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES