Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maria Victoria Moreno

jueves, 31 de mayo de 2018
Pasei o Día das Letras Galegas a varios miles de kilómetros de distancia, e ao mellor por estar tan lonxe apreciei mellor a querencia de algunhas persoas polo idioma galego.

Foi Alonso Montero quen creou a palabra “Alófonos” para identificar ás persoas non galegas que escribiron no noso idioma… xente de “aló lonxe”, conquistados polo idioma, por Galicia, polas xentes. Coñecín varios destes seres especiais, comezando por Gerald Denley, ao que os de Valdoviño coñecían como “O inglés”, por veranear naquel pobo e escribir poemas en galego, leídos nun galego-inglés entrañable e sorprendente. Seguindo por Anne Marie Morris, que nos U.S.A. aprendeu galego con Rubia Barcia, e Rosalía conquistouna para a poesía.

Coñecín a Juan Pérez Creus, que hai case medio seculo escribía poemas en Sábado Gráfico, asinando como Pájaro Pinto, nacera en Jaén, pero cruzóuselle por diante unha galega e comezou a escribirlle poemas coma o que lembraba: “Parque del Oeste / lonxana Castela,/ ai xardíns, por onde / comigo leveina!”.

E non coñecín, especialmente por pura razón cronolóxica, ao máis sonoro dos alófonos, Federico García Lorca, que nos segue conmovendo cos seus poemas galegos, que tanto Blanco Amor coma o quirogués Ernesto Guerra da Cal, acreditaban que lle saíran dos mismísimos, froito das súas viaxes a Galicia.

Por iso, cando no 1993, Alonso Montero organizou en Santiago o primeiro -e único por agora- Congreso de Alófonos, invitou a participar nel a María Victoria Moreno Márquez, por considerala quizais un exemplo meritorio desta característica, tendo en conta que se trata dunha extremeña, formada en Catalunya, integrada en Galicia, galega na expresión, na escrita, na vocación, na intelixencia. E foi naquel Congreso cando a distinguida este ano co Día das Letras Galegas, proclamou “Eu non son alófona, porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía…A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua, é simplemente unha historia de amor”.

A esta muller, a Real Academia Galega, honrouna co noso Día máis grande. Foi unha sorpresa para case todos e, xulgando con coñecemento de causa, un grande acto de xustiza.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES