Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As familias, primeiro

lunes, 01 de octubre de 2007
Nestes tempos de aprobar o presuposto do Estado, andan os políticos -e algúns non políticos- discutindo sobre as diversas partidas, para que sexan aplicadas do xeito máis práctico, útil, xusto… segundo as consideracións de cada quen.

No que parecen estar dacordo os que compoñen a maioría, despois dos dous mil cincocentos euros por cada novo neno, nado ou adoptado, é na creación de oitenta mil novas prazas de garderías, que garantan que outras tantas nais de familia poden acceder ou seguir estando no mercado laboral, na seguridade de que os seus fillos poden estar atendidos. Menciónase a cifra de cen millóns de euros, pero todas as cifras son pequenas con fins coma este que levan como destinatarios ós membros máis sensibles e vivos da comunidade social.

Este tipo de acción parece coincidir coas “galescolas” do noso País, co que se avanzará na mesma dirección que aquí ten xa emprendida a Xunta de Galicia.

A Conferencia Bispal discrepou das axudas nos casos de familias que non se axusten á ortodoxia, por entender que non se debe promover que os nenos veñan ó mundo sin un dos apoios básicos como a nai ou o pai.

Cambian as familias, e hoxe xa non é posible considerar somente a familia tradicional. Pero o importante, primeiro, é que os nenos nazan. Que sexan queridos, agardados, acollidos. O importante, é o amor. Os amadores, temos que acostumbrarnos, poden saírse dos modelos tradicionais e tamén amar, cuidar, criar.

As familias, o primeiro. As formas (das familias), moito despois.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES