Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser boa persoa

jueves, 31 de mayo de 2018
-Ninguén pode elixir a súa orixe.
-Ninguén pode elixir o seu lugar de nacemento.
- Ninguén pode elixir a súa familia.
-Ninguén pode elixir a cor da súa pel, nin a do seu cabelo, nin a dos seus ollos…
Hai moitas cousas que nos veñen dadas e que non podemos modificar.
Temos que aceptar ser como somos, nacer onde nacemos, ter a familia que temos e moitas cousas máis…

Daquela…
¿Qué podemos elixir?
Podemos elixir moitísimas cousas que repercuten para ben ou para mal:
-Nas nosas vidas persoais.
-Na vida da nosa familia.
-Na vida do noso país.
-E tamén na vida do mundo enteiro.
Por eso é tan importante a nosa maneira de proceder.

¿Cómo podemos facelo?

-Desde que empezamos a ter “sentido”, desde que empezamos a saber discernir entre o bo e o malo xa podemos ir configurando a nosa vida.
De feito atopámonos con criaturiñas de poucos anos que xa se lle ve ben encamiñadas, xa apuntan boas maneiras...
Son criaturas que tiveron a sorte de ter uns pais que saben marcar as pautas axeitadas.

-En canto van pasando os anos e imos madurando alcanzando maior sabedoría; xa carga sobre nós a responsabilidade de construír o noso futuro.
Por eso nos atopamos con xuventude que loita con tódalas súas forzas por labrarse un futuro prometedor, familias xoves que saben administrar o seu tempo e os seus recursos.
Nesas familias medran os seus “retoños” sans e santos que son e serán moi boas persoas.
A fin de contas: deso se trata.
Ante todo: ser boa persoa.

O nivel académico que se poida alcanzar tamén ten a súa importancia; pero sempre, sempre sobre a base dunha boa persoa.
-Un/ha varrendeiro/a boa persoa fará con responsabilidade a súa faena, terá estabilidade no traballo, gañarase ben a vida e sentirase feliz facendo con esmero o que fai.

-Un/ha camareiro/a boa persoa saberá tratar con exquisito esmero ós clientes, será ben apreciado/a polo seu amo/a, gañarase ben a vida e será feliz no seu traballo diario.

-Un limpador/a boa persoa manterá hixienicamente limpa a percela que teña encomendada, velará pola saúde das persoas usuarias e estas sentiranse cómodas cando usen os espazos que foron limpados por elas.

-Un/ha arquitecto/a boa persoa, sentirase orgulloso/a de que os seus edificios teñen unha estructuras sólida e resistentes a calquera temporal e que os seus moradores se sintan seguros e o público goce mirando tales estructuras.

-Un/ha médico boa persoa velará con sumo coidado polos seus doentes e estes estaranlle eternamente agradecidos por sentírense ben atendidos.

-Un/ha mestre/a boa persoa…
Será o artífice que faga posible que haxa bos varrendeiros, bos camareiros, bos limpadores, bos arquitectos, boas médicos, bos xuíces, bos avogados…

¿Por qué o mundo non vai tan ben como deberá?
Por falta de boas persoas.
Por eso é sumamente importante que fagamos todos cantos máis esforzos mellor para educar persoas responsables e ben formadas.
AS PERSOAS SOMOS OS MOTORES DO MUNDO.
Aínda que aparentemente parece que son as máquinas e tecnoloxía as que moven o mundo…

Todo eso non existiría se non houbera persoas capaces de crealas.
E por encima das persoas aínda está a INTELIXENCIA INFINITA que crea LUMBREIRAS e guía os nosos pasos.

“GRAZAS ÁS LUMBREIRAS!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a vostede por ser tan boa persoa.
Sen a súa aportación o mundo non sería tan bo como é.
E motas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES