Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É de Xustiza!

jueves, 24 de mayo de 2018
As persoas que habitualmente len os meus artigos nesta plataforma chamada “Galicia Digital”, saben que eu son unha muller moi ignorante.

Non entendo de leis nin doutras moitas cousas, pero a miña conciencia, “máis o menos formada”, permíteme discernir entre o que eu considero que está ben e o que está mal: o que é xusto e o que é inxusto.

A min paréceme que é de xustiza o feito de facerme respectar a min mesma en primeiro lugar. Respectar a miña integridade física e moral, respectar a miña personalidade, as miñas ideas, a miña filosofía da vida...

Do mesmo xeito me parece de xustiza respectar a integridade física das persoas, respectar a súas ideas e crenzas, respectar a súa particular maneira der ser…
Afortunadamente son e síntome unha persoa ben querida por unha boa presa de persoas que me comprenden, mes respectan e me aprecian de verdade.

Esas persoas pertencen a distintas clases sociais, distintas maneiras de pensar e distintas maneiras de ve-la vida.

Por certo teño amistades moi diferentes a min en moitos aspectos.

Nalgún caso, observando as diferenzas tan notables, téñolles dito:
“Non entendo nin nunca entenderei por que me tes tanto aprecio”
A resposta foi en máis dun caso: “Porque es boa persoa”

Ese título de “boa persoa” chégalle á alma a calquera.

Pois ben:
EU CONSIDERO QUE “É DE XUSTIZA” ACEPTAR AS DIFERENZAS ENTRE AS PERSOAS:

-Coido que “é de xustiza” que haxa diferenzas entre a xente nova e a que peitea canas desde fai moitos anos.
Á xente nova gústalle a modernidade e a aventura…
Á xente maior gústalle a moderación, a mesura…
¡E NON PASA NADA!

-Coido que “é de xustiza” que os netos pensen diferente que os avós.
Os meus avós non entendían moitas cousas das que eu facía, pero queríamonos con locura.

-Coido que “é de xustiza” que a unhas persoa lles guste o futbol e outras nada de nada.
Teño grandes amigos moi futboleiros e eu escasamente sei que o equipo da miña provincia está …
¡E NON PASA NADA!
¡SÓBRANOS DE QUE FALAR SEN FALAR DE FÚTBOL!

-Coido que “é de xustiza” que haxa quen defenda as corridas de touros e que haxa quen as rexeite.
A min “póñenseme os pelos de punta” cando vexo que un touro agarra ó tureiro polos cornos e outras persoas defenden eso.
VALE. ¿E A MIN QUE?
CON NON VELOS, TEÑO AMAÑADO.

-Coido que “é de xustiza” que a unhas persoas lles gusten as cores claras e outras as escuras.
Hai persoas que se ven moi favorecidas coas cores claras e a outras acomódanselle mellor a escuras.
TODAS VAN FAVORECIDAS E SÉNTENSE CÓMODAS.
E NON HAI NADA MÁIS QUE DICIR.

-“Coido que “é de xustiza” que haxa persoas que se sintan motivadas para ir á misa e outras que non lles diga nada.

Eu son desas persoas que se senten motivadas porque fun educada desa maneira, porque me sinto pecadora, querida e perdoada; que para min é unha gran riqueza; pero a outras persoas non lles di nada.
ESO SÍ: NIN TODAS AS QUE IMOS Á MISA SOMOS BOAS PERSOAS NIN AS QUE NON VAN SON TODAS MALAS.
HAI DE TODO NA VIÑA DO SEÑOR.

-Coido que é de xustiza que unhas persoas digan que son “de dereitas” e outras “de esquerdas”.

O de dereitas e de esquerdas eu non o entendo moito.
Todos deberíamos ser honrados e honestos; o demais…
A MIN: “NIN FU NIN FA”. PENSO QUE HAI BO E MALO EN TODAS PARTES.

“CADA UN É CADA UN E TEN AS SÚAS CADAUNADAS”, dícia un antigo profesor que tiven nos meus tempos mozos.

Hai que lle dá moita importancia a eso que chamamos: “IDEOLOXÍA”
Para min o mellor é ser boa persoa.

“SER BOA PERSOA”
Ese será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a vostede por ser como é.

E moitas grazas por dispoñer duns minutos de seu preciado tempo para ler o que acabo de escribir,
Graciñas.
¡Saúde e sorte!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES