Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A placa

viernes, 25 de mayo de 2018
O que lle vou contar, benquerido lector, aconteceume o xoves pasado nos arrabaldos de Vilanova dos Infantes e, penso que paga a pena contalo porque un nunca sabe as sorpresas coas que se pode topar no camiño por máis que o camiño transite pola súa zona de confort.

Eran algo máis das cinco da tarde cando eu, vestido co meu traxe de tratante co que lle fago honor ós devanceiros dende que os celanovenses vimos celebrando o día das letras galegas na romaría Raigame, volvía cara as casas arremuiñadas do vello burgo medieval na compaña dun amigo.

O paseo transcorría pola pista dos Chaus, recta e cha de principio a fin, de aí a súa denominación en lingua ourensá. A evidente visibilidade da mesma fíxonos observar que en sentido que se achegaba a nós, un vehículo pretendía abandonar o entorno da romaría por dirección prohibida, información, esta, que se repetía unhas ducias de metros detrás de nós e que se observaba ben dende a posición do conductor do devandito vehículo.

Por esa razón, cando a baixa velocidade pasou ó noso carón, facendo uso da cortesía debida, eu díxenlle que non transitaba polo lugar correcto e que era mellor que dera a volta naquel mesmo cruce.

O conductor preguntou por onde era a alternativa e sen máis problemas deu a volta e desandou o anaco de pista percorrida. E ata aquí todo ben. Pero resulta que detrás dese viña outro, con tres crianzas nos asentos traseiros e a compañía dianteira dunha muller.

Facendo uso, loxicamente, da mesma cortesía comunicativa e da mesma información, repetín, unha por unha, as mesmas palabras, ata que entendín escoitar da voz do chofer a palabra "placa", que nun primeiro momento non logrei enmarcar no contexto do meu monólogo, polo que lle preguei que repetira o que acababa de dicir, escoitando, logo si, algo así como que se me tiña que ensinar a súa placa e se quería que me fixera o control de alcoholemia.

Sinceramente, nun primeiro momento quedei tan sorprendido polo que acaba de escoitar, que non tiver reflexos suficientes para contestarlle o que realmente merecía, nin sequera para sacar o teléfono móbil e á moda que se leva facerme un selfie con el e logo colgala na rede.

É certo que mentres refunfuñaba con altivez, ofrecéndolle unha auténtica clase de urbanidade ós nenos que levaba no coche, o home comezou a realizar a manobra de retorno, supoño que co fin de evitar, por se acaso, que as súas ameazantes palabras xerasen pola miña partes xestos, sobre todo cando indirectamente me chamou borracho.

Xa ve, benquerido lector, ata que punto anda o mundo ó revés, cando a un axente da autoridade (imos dar por suposto que ostentaba placa, co cal o asunto tería aínda máis delicto) se lle enche a boca ameazando a un viandante con facerlle o control de alcoholemia, mentres o axente circulaba por dirección prohibida.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES