Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Ferreira-Foz ¿Para o 2010?

jueves, 27 de septiembre de 2007
Vai para dez anos que a Asociación de Comerciantes de O Valadouro, ante a pasividade dunha clase política indiferente con un problema grave para a bisbarra, como era o desmoronamento da estrada que comunica aquel fermoso Val coa vila de Foz, emprendeo unha campaña de sensibilización a través de distintas accións co fin de espolear á opinión pública e intentar despertar do seu letargo a aqueles que, no goberno e na oposición, fan alarde dun interese polo desarrollo e o benestar dos nosos pobos que non sempre se traduce en actuacións coherentes con tal predicado.

Cumprindo a estratexia deseñada por aquel colectivo, e tras outras xestións, o día 22 de maio de 2000 celebrouse unha xuntanza de diversos asociacións e representacións da zona, na que se acordou enviar ó conselleiro correspondente, así como ós alcaldes dos concellos afectados, un resumo das distintas intervencións, para expresar ás autoridades a evidente coincidencia entre os asistentes da necesidade imperiosa de proceder con toda urxencia á reparación, ampliación e mellora deste vial, de vital importancia para a economía e a vida comunitaria da comarca.

Non vamos a relatar aquí os sucesivos episodios lamentables a que deron lugar as actitudes de gobernantes e oposición; vamos a lembrar somente cómo no ano 2005 dous galos de pelexa de senllos partidos políticos, se enzarzaron nun cruce de declaracións, tan demagóxicas e partidistas como inútiles, nas que o tema que esgrimían ámbolos dous non era outro mais que a data de terminación das devanditas obras. Un deles chegou a declarar: “exijo (¡!) que el vial de Ferreira esté listo a finales de 2006"; era o 19 de xaneiro de 2005, cando nen sequera comezaran os traballos.

Á vista dos absurdos plantexamentos, no fervor da insensata batalla dialéctica, publicamos a nosa habitual miscelánea na que, amais doutras cousas, decíamos: “Moitas veces- ou case sempre- os políticos enzárzanse en polémicas que nada ou moi pouco teñen que ver cos auténticos intereses dos cidadáns e dos pobos. Ahora mesmo a ridiculez ten un frente: se a estrada Ferreira-Foz vai a quedar rematada no ano 2007 ou ó seguinte. Un ano na vida dos pobos é absolutamente insignificante, sobre todo cando se trata de obras que deben perdurar por xeracións".

“O que sí é transcendental é coñecer en profundidade o proxecto da obra a realizar e ver se responde ós principios de fluidez e seguridade do tráfico; se o trazado é o idóneo; se se suprimen tódalas curvas posibles; se conta con tódolos carrís lentos convenientes; se leva carril para as bicicletas .. e cómo se produce o entronque coa estrada da costa. Nestes aspectos terían que incidir, con especial énfase, os representantes dos cidadáns”.

“Os edís -goberno e oposición- contan con personal técnico cualificado para asesoralos na interpretación dos planos e demais aspectos, así como a representación política dos veciños da bisbarra; deles é, polo tanto, a responsabilidade de supervisar o proxecto e de plantexar cantas enmendas consideren oportunas; non esperar ó remate para as mútuas acusacións, como de cote se acostuma, e non gastar as enerxías co burdo argumento da finalización das obras ano arriba ou ano abaixo. A nós tennos sen cuidado”.

Eso decíamos hai dous longos anos e parece que non íamos desencamiñados. Os veciños de San Acisclo ven como a estrada se lles ven enriba das súas casas e piden que se reconsidere o trazado da mesma, no tramo que a eles os afecta, e fan ben en reivindicar tal cuestión porque estas obras, unha vez rematadas, xa ninguén as move e non pode permitirse tal aberración por ille témpore, como unha mostra mais do que nunca se debeo haber feito.

¿Quedará rematada a estrada para o 2010?. Temos serias dúbidas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES