Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: 30 anos da A. C. I. A.

lunes, 21 de mayo de 2018
O pasado día 16, a Asociación de Comerciantes de Foz celebraba o 30 aniversario da súa fundación, con unha cea no hotel Leytón, á que asistiron mais de cen persoas, entre as que se atopaban diversas autoridades e representacións; no seu transcurso, este cronista, presidente-fundador da mesma, recibiu unha homenaxe;na súa intervención, dixo:

Non podo, nen quero tampouco, ocultar a emoción que me produce a oportunidade de compartir con todos vós esta velada, coa que celebramos un feito que no seu día quixo rachar co inmovilismo que sempre nos caracterizou; pero que, como toda innovación que altere a rutina establecida, precisa dun tempo de adaptación que ás veces non se logra nin nunha xeneración.Pero o dito é tan coñecido, como certo: “renovarse ou morrer”…

Un colectivo desta natureza, que chega ós trinta anos,sen atrancos traumáticos no camiño; pletórico de vida e ilusión, pode ser augurio dun futuro esperanzador;así como o feito de que , pola súa directiva, leven pasado o 70% dos socios, é indicativo de que éstes manteñen unha actitude responsable e da necesaria dispoñibilidade para a supervivencia do ente; algo que non dudo en calificar de exemprar. Estas evidencias fan que, moi compracido, vos exprese a miña noraboa.

Cando aquel martes e trece, de abril de 1988, se convocou a comerciantes, industriais e autónomos, co fin de promover a posible creación do colectivo, baseado no vello axioma, de “a unión fai a forza”; este que vos fala tiña 50 anos, e non coxeaba. O tempo fixo del un outoxenario; ou sexa, un vello que nas longas noites de insomnio, refúxase nos recordos pois que, como dixera o poeta francés Novalis, “ éstes, os recordos, son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”;lembranzas sempre gratas , porque a memoria é selectiva e esquece aqueles que ó longo da vida nos causaron distintos grados de sufrimento.

Moitas veces, nese repaso sempre nostàlxico, acuden á mente episodios vividos no entorno da ACIA; dos que podo asegurar que nengún deixou en mín un ronsel de mínima animosidade; senon todo o contrario; e aseguro que a experiencia resultoume positiva, ilusionante e didáctica. A vida, cos seus avatares, tan dispares e contradictorios, é un libro aberto á formación humana do individuo; Pero tamén un recoñece que, en toda faceta vital, unha retirada a tempo é unha victoria; feito que, moitas veces, a propia natureza nos advirte, pero á que non sempre escoitamos.

Con vistas ás accións de promoción turística gravamos o vídeo “Foz, un lugar de ensueño” do que se fixeron 5000 copias; para aforrar, eu fixen o texto e Sergio de Burela montara as imaxes. A campaña de promoción tivo un éxito importante: por exemplo, deo lugar a que se producira o éxodo de asturianos da cuenca minera hacia os nosos pagos. Todos coñecemos esa evidencia e a importancia que segue a ter.

E agora conmemoramos o percorrido da Asociación desde aquela tarde de 1988. Todos somos un pouco mais vellos; o acto de hoxe resulta reconfortante e mesmo, emotivo.Teño tamén que decir, con toda modestia, que onde se presentou a ACIA, deixou sempre alto o nome do noso pobo. Nunca un desencontro se producíu cos organizadores dos distintos eventos, aos que acudimos a numerosos lugares coa nosa misión;nen deo lugar a tipo algún de enfrontamentos: sempre cumplíndo os compromisos; endexamais foi obxeto de reclamación algunha, e en todas partes deixamos ringleiras de amigos.

Hai uns anos, estando na librería, entrou unha parella xa de idade: saudaron moi cordialmente e o home dixonos: “Somos de Tineo y a Vd. lo conocemos desde que estuvo en la feria dando a conocer Foz. En la carpa se proyectó un vídeo y Vd.dio una charla sobre esta zona. La visitamos; compramos una vivienda y llevamos diez años viniendo aquí”. É tan só unha anécdota; pero un, como moitas outras personas, coñece moitos casos semellantes…

Polo que a mín respecta sinto a ledicia íntima de vivir a oportunidade de ser partícipe dunha idea que promove unha filosofía nova: algo ao que sempre fumos, e aínda somos, pouco dados: xuntar os esforzos de cada un, buscando o beneficio de todos. Cústanos aceptalo pero, de logralo, sería un importante avance na nosa evolución personal, tan necesaria para acadar as metas a que nos referimos.

Eu desexo que a ACIA, no seu día, celebre as Vodas de Ouro, nas que non estarei. Que manteña a vitalidade; nese senso felicito á directiva actual polo traballo que desenvolve. Cada época ten a súa problemática e a súa complexidade ; e a que estamos a vivir non é a excepción, e polo tanto está demais toda comparación; o que hai que estimular é a voluntade, as inquedanzas, o traballo de superación personal e profesional para un futuro cada vez mais esixente.

Vaia a miña gratitude para os socios cos que durante tanto tempo convivín pacífica e cordialmente; para os que, en distintas etapas fumos compañeiros de directiva, tamén pola armónica convivencia e pola amizade. Polo demais, mentres alente, se de algo vos podo valer, teredes en min ó amigo de sempre, a o voso dispor.

E remato con unha encomenda: sendo rapaz lin algo que fixei para sempre: “os moitos anos enrugan a pel; a falta de entusiasmo enruga a alma: non permitamos que a alma se enrugue”.

E hai mais dun século, o insigne poeta, Curros Enriquez, deixou escrito: “Todo, para ser grande e forte/ se xunta, une e arreconchega./ Quen á discordia se entrega / vai dereito cara á morte”. Moitas gracias a todos.

(Suso Fernandez é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES