Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algo podemos facer

jueves, 10 de mayo de 2018
Nunca saberemos o que somos capaces de facer se non nos poñemos a facelo.

Hai quen di:
-Eu non sei…
-Eu non vallo…
-Eu non podo…
-Eu non tiven escola…
-Eu xa non teño idade para eso…
Eu… Eu… Eu…
Quen pensa así no vai a ningúnha parte.

Hai que intentalo.

Coñezo moitos casos que naceron en familias desfavorecidas económica e socialmente e que a base de esforzo e dedicación, conseguiron unha ou varias titulacións e alcanzaron unha boa calidade de vida para elas e para as súas familias.

¿Cómo?
Empregando tódalas súas forzas, privándose dunhas cousas, priorizando outras,
buscándose a vida…

Está claro: todo non se pode ter.
Pero algo, podemos facer.

¿Que pode facer a infancia en idade de escolaridade obrigatoria?
Pode obter un título en Ensino Secundario Obrigatorio, que xa é algo.
En caso de obtelo, xa ten unha formación básica para saber algo de xeografía, de matemáticas, de lingua…
Se logo quere e pode seguir estudios, mellor que mellor e se non…
Se non, xa ten demostrado que soubo aproveitar a infancia, que é unha persoa disciplinada, que ten uns hábitos adquiridos…

Se non aproveitou esta etapa, tendo acceso á escolariazación gratuita e unha capacidade intelectual normal, algo falla.
Algo falla pola súa parte ou por parte da súa familia.

As criaturas que tendo unha capacidades intelectual normal e unha escolaridade normal, fallan por algún motivo que, xeralmente está relacionado coa familia.

¿En que fallou a familia?
Puido fallar en moitos aspectos:
-Non respecta-los horarios de descanso das criaturas.
-Permitirlle ver programas de televisión que non teñen nada de educativos.
-Poñer nas súas mans un móbil ou calquera outro artiluxio que lle permita acceder a todo o habido e por haber sen control.
-Dar malos exemplos desprestixiando o labor dos docentes diante das criaturas.
-Entrometéndose negativa mente no labor do profesorado.
-Etc, etc…

¿Non pode facer algo bo a familia?
¡Vaia que se pode facer!
A familia pode facer moito no tocante a aprendizaxe da infancia.
Pode facer moitísimo.
Pode facer practicamente o cincuenta por cento.
A metade do éxito da aprendizaxe xa se lava da casa.

¿Cómo?
Moi doado:
-Respectando os horarios de descanso das criaturas aínda que haxa que privarse de certos “caprichos” dos proxenitores.
Non é nada raro ver nenos a altas horas pola rúa, xogando nunha videoconsola ou diante do televisor cando terían que estar durmindo.
Eso está ó alcance dos pais, só se precisa que tomen conciencia da situació n.
-Controlando moi moito os programs de tv ós que ten acceso en horario
adecuado e recomendable.
Eso tamén está o alcance das familias
¡Claro que está!
-Non permitir que a infancia teña un móbil á súa disposición. A esta idade non sabe poñer límites no seu uso e pode usalo na súa contra.

Eso é algo que a maioría das familias non comprenden e deberían comprendelo porque non son poucos os casos que se ven metidos en complicacións por este motivo.

-Falando do respecto que se merece do profesorado, polo ben que fai para toda a humanidade en lugar de ver só os defectos que poida ter como ocorre con calquera outro colectivo.

Defectos, témolos todos, pero é máis constructivo valorar o positivo porque deste xeito estamos estimunlando ás persoas para que saquen o mellor de si.

E tamén valorando positivamente as capacidades da infancia para que vaian descubrindo que teñen moito potencial para desenrolar no seu interior
Sempre animando, sempre estimulando…

A infancia necesita que lle dean ánimos, moitos ánimos.
Ánimos hoxe, mañá, pasado, pola mañá, a mediodía, pola nooite…
Sempre. Continuamente.

E con relación ó profesorado, respecta-la súa autonomía, a súa liberdade de cátedra, deixarlle facer.
Valorar o seu bo facer xa que É A FONTE DE TÓDOLOS COÑECEMENTOS, A RAÍZ DE TÓDALAS PROFESIÓNS E O FUNDAMENTO DO PROGRESO DUN PAÍS.

Certo que hoxe en día, encóntrase información de todo tipo na rede; pero o labor presencial de mestre é insustituible na etapa infantil, sobre todo.
Autodidactas, tamén os hai, pero escasean.

Estas pequenas cousiñas, que están ó alcance de todos, xa son moi importantes á hora de mellorar a calidade de vida da infancia que é onde descansa o futuro dun país.

Son detalles sencillos que moitas familias teñen un tanto discuidados.
Deberíamos retomalos buscando as raíces no que nos poden dicir os avós.
OS AVÓS “SABEN MÁIS POR VELLOS QUE POS SABIOS”, tal como reza o refraneiro castelán.
Algo teñen que dicir e facer.

“O LEGADO DOS AVÓS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo que deixa contribuído pola causa dun mellor modo de vida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES